acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O URXENTE
De http://gl.wikipedia.org Lingua inicial segundo a idade (Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004)Son anos reclamando compromisos. Anos denunciando que non se cumpre a lexislación. Anos advertindo de que cómpre tomar medidas. Agora é o Consello da Cultura quen dá datos e pon en evidencia as cifras do abandono. Di o que xa dixemos antes, desde a CIG, desde a AS-PG, que a lexislación non se cumpre e que hai que adoptar medidas, como a formación do profesorado, a dotación de materiais, o apoio aos equipos, a sensibilización da comunidade educativa... A implicación efectiva da Consellaría de Educación, a responsábel dos centros educativos.
O informe fala de que só un tercio do alumnado dos centros públicos ten como lingua inicial o galego, constata tamén o incumprimento nas distintas materias, e só con estes dous datos bótanse por terra as falaces alarmas sobre os perigos que corre o español.
Non é unha novidade, sabiámolo. Sabiamos que os nosos fillos e fillas só poden empregar o noso idioma cun grupo reducido de compañeiros de curso e que os rodea unha realidade que os obriga a expresarse nunha lingua que non é a súa, unha realidade que nin sequera no centro educativo lle ofrece o 50% das horas docentes en galego porque non se cumpre a lexislación. E fóra da escola que teñen? Nada.
Xa o dixéramos, mais temos novos datos, datos que falan dunha menor conciencia, dunha menor sensibilidade e compromiso coa nosa realidade lingüística, e non pode ser un informe sen máis, porque xa hai tempo que a gota rebordou a cunca. Cómpre tomar medidas urxentes.
Manuel María, a quen lembramos un setembro máis, deixouno escrito en fermosas palabras:
“... se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.”

Artigo enviado a A Nosa Terra.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2008 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Ola, Marta. Por se aínda non o puideches ler, recoméndoche isto:
http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=55&idNoticia=342039

Os datos sobre o#blgtk08#s que reflexionas son certamente graves. Cómprenos socializalos, evitar a narcotización do problema ou a súa manipulación.

Seguimos na loita!

Un bico!
Comentario por Carlos (16-09-2008 10:41)
2 Si, temos que darlle duro e sen descanso. Niso e#blgtk08#stamos.

Ti dálle moi duro tamén.
Comentario por Acuática (17-09-2008 08:20)
3 E que o que non é normal, xa a maior escala, é que, un estado que se considera plurilingüe, non obrigue ós seus cidadáns (e refíro#blgtk08#me ós de todo o estado, non só ós das chamadas Comunidades Históricas) á formarse nas distintas linguas oficiais que o compoñen...
Comentario por ekis1331 (17-09-2008 18:54)
4 Non é normal, non. E aínda por riba temos que andar a dar explicacións a cada p#blgtk08#aso... En fin moito talante e progreso, mais de "boquilla".
Saúdos ekis.
Comentario por Acuática (17-09-2008 21:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática