acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Ondjaki
Foto de Daniel Mordzinski na páxina do autorEstou rematando de ler Os da minha rua, de Ondjaki, e comprobo de novo por que me gustara tanto o primeiro libro que lin deste angolano (Bom dia camaradas).

Neste caso Ondjaki fala da súa infancia, e faino como o neno que foi. É un libro marabilloso, que nos fai rir e que nos emociona. Un deses libros en que podemos delimitar perfectamente o escenario en que sucede, a Angola poscolonial: os traballadores soviéticos que levantan un mausoleo, os camaradas profesores cubanos que un día tiveron que partir, a avoa que alimenta a imaxinación infantil "contando, inventando, alterando as estórias".

Quere a casualidade que ande estes días cun cd de João Afonso no coche, e mentres conduzo, volvo imaxinar os relatos de Ondjaki, escoitando Um homem novo veio da mata.

Deixo aqui este pequeno fragmento, para non o esquecer: "... o futuro não era uma coisa invisível que gostava de ficar muito à frente de nós mas antes -ela dizia...-, antes um lugar aberto, uma varanda, talvez uma canoa onde é precisso enchermos cada pedaço de espaço com o riso do presente e todas, todas as aprendizagens do passado..."
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 05-09-2008 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática