acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A temeridade dun filósofo
De www.guiadelcomic.comEu non tería reparado en tal entrevista se nela non houbese palabras referidas a min mesma, explícome, opinións sobre a nosa literatura, a nosa lingua, é dicir, sobre nós. Porque Steiner opina sobre a literatura galega para negarlle o recoñecemento que merece, nun alarde de ignorancia desmedido, temerario, impropio dunha persoa que coñece a inxustiza da historia e da propia vida... George Steiner nega a calidade da nosa literatura e, polo mesmo, que a nosa lingua sexa empregada no ámbito universitario. A afirmación resulta aínda máis tremenda se temos en conta que compara a literatura galega coa catalá e, malia recoñecer a altura da catalá, nega a galega.

...

Mais por outro lado, a súa opinión sobre a literatura galega garda unha certa coherencia con outras afirmacións que se recollen na entrevista, como é o caso do racismo cando o filósofo reflexiona sobre o feito de que é doado falar do racismo e de non ser racista cando non se vive ao lado dunha familia jamaicana que está todo o día escoitando rock e reagge (?). E ao ler isto sigo sen entender. Aínda que é certo que, casualmente estes días, teño lido sobre este feito, o de vivir en carne propia a represión e o racismo e non por iso converterse nunha persoa solidaria e sensíbel cos oprimidos ou desfavorecidos, senón manter os prexuízos racistas, ás veces baixo unha actitude aparentemente solidaria. É o caso dos relatos gráficos de Art Spiegelman (Maus) e Luc Brunschwig (La mémoire dans les poches), dous fillos de xudeus represaliados que relatan as reaccións racistas dos seus proxenitores.

Segue...

Cando lin a entrevista, decidín escribir sobre o tema, así que quedan arriba algúns dos parágrafos do artigo e o enlace. Tamén a AELG se pronunciou sobre as tristes declaracións. Senilidade? Contradicións? As dúas cousas? En fin, aínda poderíamos seguir aventurando, mais é curioso, si, como quen sufriu tremendas inxustizas é quen de reproducilas... se cadra somos o que aprendemos, aínda que digamos rexeitalo, e estamos condenados a reproducir a sociedade que herdamos.
Comentarios (3) - Categoría: artigos - Publicado o 29-08-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Eu sempre digo que TOD@S os human@s temos o mesmo cerebro e que dentro está TODO o que se pode facer, ou non.
Deste xeito quere dicir que cada un de nós somos capaces de reproducir as situacións máis factástic#blgtk08#as e tamén as máis terribles que poidamos imaxinar.
Os teus comentarios din o mesmo.
Como David se pode converter en Goliat.

Só a razón pode contra iso. Logo: rflexionemos, continuamente.
Comentario por Hermaco (29-08-2008 21:05)
2 Pois claro, todo está dentro. Como naquela película de Woody Allen en que dúas persoas normais convértense en asasin#blgtk08#os. Ou como esas entrevistas aos veciños do agresos: "era unha persoa normal"... Somos todos normais ou ninguén o é?
Comentario por Acuática (30-08-2008 12:23)
3 Co debido respeto, e sen ánimo de provocar, bastante máis delirantes son frases contidas post, coma "é curioso, si, como quen su#blgtk08#friu tremendas inxustizas é quen de reproducilas...".

Ou é igual padecer o Holocausto que sentirse menosprezado?
Comentario por Iago (20-09-2008 22:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática