acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Bordados
de http://www.normaeditorial.comAndo estes días lendo novela gráfica. Si, prefiro dicilo así porque, especialmente esta obra que lin, acomódase mellor a esa denominación cá de BD. Trátase de Bordados da iraniana Marjane Satrapí, a autora de Persépolis, coa que tanto gozamos no cine.

Bordados ten máis que ver cunha novela, ca cunha BD, é propiamente unha novela curta, iso si, deseñada.

A autora volve falarnos en clave autobiográfica, situando a narración na conversa das mulleres despois do xantar, a súa avoa, a nai e mais as amigas, cando na intimidade que lles dá estar elas soas permítelles falar abertamente das súas relacións cos homes e ir así retratando a sociedade iraniana, que unha das personaxes define como dexenerada. A virxindade, e por tanto a sutura do hime, os casamentos por interese económico, o desexo de instalarse en occidente, son os temas centrais dese diálogo entre mulleres do que os homes son “expulsados”.

De feito, ao inicio recóllese que Broderies, a palabra francesa que dá título á novela gráfica, non só significa adorno dun tecido, senón tamén andar de lercha ou suturar o hime.

O libro atopoume na Coruña e inmediatamente fíxenme con el (sempre veño cun pequeno cargamento). Non deixedes de lelo se tedes oportunidade.
Comentarios (7) - Categoría: A muller que le - Publicado o 24-08-2008 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Dende a sixeleza do trazo e da linguaxe Marjane Satrapí achéganos un mundo descoñecido, terrib#blgtk08#le, sen dúbida, pero útil para vernos nese espello.


Lerémolo Ac
Comentario por Hermaco (25-08-2008 10:47)
2 E tan útil, porque aquí velo non levamos (aínda que #blgtk08#o da mantilla ten tela), mais ter témolo, na cabeza.
Comentario por Acuática (25-08-2008 18:30)
3 que alento lerte e ler algo compartido. ás veces causa bastante esgotamento e impotencia atopar tanto pano (ou velo), sobre todo en cousas que son de base. o problema non son as diferentes opinións, senón as opinións prefabricadas e mastigadas por outr@s que se toman c#blgtk08#omo propias.

pero ben, tentaremos non desesperar. tamén hai cousas que hoxe se rexeitan e mañán se collen como boas. pouco a pouco, ainda que hai quen di que cos anos mudarei de parecer. no entanto, tamén se adoita dicir que cos anos a teimosía aumenta.
Comentario por diana (26-08-2008 12:06)
4 Cos anos aumenta a teimosía e a carraxe, ás veces tamén o desalento, mais a fortaleza debe ser alimentada para manter o combate necesario. Precísanse duns alicerces profundos e inabalábeis, porque deberán soster ese desalento e permitirnos avanzar, #blgtk08#malia as continuas batallas en que é preciso combater.

Eu, co paso dos anos, funme reafirmando e fun enchendo a miña bagaxe contra o desalento, ou sexa, que non cambiei de ideas, en ao contrario, fortalecinas e doteinas de argumentos.
Comentario por Acuática (26-08-2008 13:26)
5 niso andamos.

nas últimas liñas non había dúbidas, só un punto de ironía sobre algúns argum#blgtk08#entos que me son dados. pero grazas polas verbas e a forza que sempre transmites.

saudiños
Comentario por diana (26-08-2008 15:26)
6 marta, eu lino xa hai algún tempo e pareceume xenial. supoño que é inebitabel non verse reflictida nas páxinas de#blgtk08# bordados anque as distancias sempre sexan iso, distancias.

un bico grande para a familia e aldán
Comentario por osondaxordeira (26-08-2008 21:55)
7 É distante e ao tempo próximo, o que o converte nun ach#blgtk08#ádego.

Un bico para ti tamén (de todos).
Comentario por Acuática (27-08-2008 00:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática