acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Mar morto
Arquivo Marta DacostaAndei por eses mundos e como noutra viaxe anterior levei comigo a Jorge Amado, desta volta o seu Mar morto un libro finalizado no ano 1936, calquera o diría.

Gocei da lectura, de feito lino de dúas tiradas, mentres avanzaba quilómetros e quilómetros, e non contarei grande cousa, porque este libro hai que lelo... hai que lelo.

É a historia dun mariñeiro de saveiro, Guma, cun final nada agardado e que vén suxerido na ansia de dúas personaxes, a mestra e o médico, que agardan un milagre, mais un milagre social, que transforme a vida miserábel das mulleres e dos homes do cais, e é un pracer ler como ese milagre se vai perfilando, especialmente ao final do libro...

É outra historia de Baía, outra historia das clases socias máis desestruturadas, mais a esperanza está nel. Os seus paisanos, como outras veces, converteron a novela en telenovela e, eu que non gosto nada delas, si tería curiosidade por ver esta.

"Do mar vem toda a alegria e toda a tristeza porque o mar é mistério que nem os marinheiros máis velhos entendem".
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 14-08-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática