acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Crisol de contradicións
Foto de Marta DacostaÉ o pouso que me deixou a visita á Exposición Universal de Zaragoza, á que acudín pola atracción que sobre min producía o tema da auga. E si, comprobei in situ as contradicións deste mundo imperfecto, nada que non soubese por outro lado, mais que, malia o deseño e a propaganda, podían ser lidas entre liñas ou, mellor, que entre liñas clamaban pola nosa mirada atenta. Mais cantas das miles de persoas que acudiron a esta romaría universal, ávidas de entrar no recinto o antes posíbel para amorearse na fileira máis nutrida (regalarán algo?) souberon ler estas mensaxes clamorosas? Cantas concluíron que malia as aparencias seguimos aínda na mesma latitude de pobreza económica e espiritual, na mesma lonxitude da eterna loita de clases, exactamente no mesmo paralelo da tensión entre o norte e o sur, xusto no quilómetro cero do capitalismo imperialista que devora a práctica totalidade do planeta. Cantas?

Segue...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática