acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Lendo poesía
De www.es.wikipedia.org/wikiEstiven estes días concentrada na lectura de varios libros de poesía. Do que gocei máis foi de De esparto e seda (premio Fiz Vergara Vilariño), de Xosé A. Neira Cruz, do seu intimismo profundo que esculcaba na infancia e no amor

Elixe ti a parcela que queres cultivar.
Eu déixome arar a vontade.


Foi unha agradábel sorpresa atoparse así con este Neira poeta, que irrompe con acerto nestas leiras dos versos.

Agardas coma sedenta a que saia a primeira pinga condensada
e son o suficientemente cruel
para nin iso darche
se me peta.


O libro remata cun poema que reflexiona sobre a perdurabilidade da obra do poeta que daría a súa vida "porque lesedes a mensaxe do meu padal // co tacto da vosa lingua". Lembroume o xeito en que Pilar Pallarés pechaba o Livro das devoracións, malia que os dous poemas dialoguen de diferente xeito co futuro da obra literaria e da memoria do poeta.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2008 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática