acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Polo mantemento da optativa: Literatura galega do século XX
Na miña humilde opinión a literatura é un facho co que iluminar o camiño do coñecemento, unha metáfora da vida. Por moi subxectiva que sexa a produción literaria é unha ferramenta para coñecer o mundo, unha escusa oportuna e gorentosa que abre a porta do desexo de indagación. As galegas e os galegos sabemos ben da literatura como ferramenta para o coñecemento e o recoñecemento, pois foi a través da obra das nosas escritoras e escritores (maioritariamente escrita no século XX) como fomos moitas veces descubrindo a nosa identidade, a nosa lingua e a nosa historia, as dimensións do país ao que pertencemos. No inicio desa cartografía de noso están os nomes dos poetas, a súa entrega incansábel ao labor da nosa reconstrución.

É un fragmento do artigo de hoxe, para defender o mantemento da optativa de Bacharelato Literatura galega do século XX, así como de Literatura Universal Contemporánea e Literaturas Hispánicas, e que podedes ler aquí.

(a foto é unha reprodución do manuscrito do relato "O retrato" (Retrincos) de Castelao, tomado da web: http://www.museocastelao.org)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2008 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Algún día tamén nos quitarán de soñar, de inventar ou de pensar. Mentres, teremos que seguir na resistencia po#blgtk08#la nosa língua, pola nosa razón de ser e tamén pola nosa literatura.

Ánimos e adiante. M8s bks.
Comentario por Hermaco (02-07-2008 20:41)
2 Grazas. Agardo que se reúnan moitas sinat#blgtk08#uras contra a supresión destas materias.
Comentario por Acuática (03-07-2008 00:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática