acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Dun recital no Makondo
Nasas envíame o enlace en que estaba esta foto (que copio con descaro porque tamén a teño), é da páxina do poeta amigo Modesto Fraga que a utiliza para ilustrar a nova do premio de poesía Cidade de Ourense a outro poeta amigo: Rafa Villar.

Aí estamos, Abel Méndes, a que escribe, Modesto Fraga e Rafa Villar, nunha noite poética no Makondo, un bar de Cee que daquela abrira Modesto (poeta taberneiro como Paco Souto e Avilés de Taramancos). Era o 20 de xaneiro de 1996.

Lembro perfectamente que lin este poema, nunha versión probabelmente anterior á definitiva, pois deille voltas durante tempo.

Grazas a Nasas por enviarme o enlace e saúdos a Modesto e, por suposto, parabés para Rafa Villar, que merece moito ese premio.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2008 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Hoxe Acuática en silencio xogou co pasado, mentres vía chegar andando a súa avó.....

Trouxonos acontecementos de hai tempo para celebrar, outros éxitos de agora.
Felicitacións a Rafa villar, que xa llas din tamén en persoa.
Curiosamente esta fin de s#blgtk08#emana tamén falei coa miña nai e trouxemos andando no tempo ao meu avó.

Un bo exercicio de cando en ver, sen quedarnos nel, para decatarnos

............que o tempo vai rodando pola tarde.

Perdoe pola destrución do seu poema.
Bks
Comentario por Hermaco (29-06-2008 11:08)
2 Queda vostede perdoado. As imaxes que gardamos, en realidade, son un tesouro, porque con elas, ademais de l#blgtk08#embrar o acto e as persoas, vernos como eramos 12 anos atrás, gardamos tamén todo o que rodeou aquel día...
Comentario por Acuática (29-06-2008 14:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática