acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Contra os furacáns... acendende as almenaras
Hoxe especialmente quero traer aquí este poema de Bernardino Graña, poeta do mar.

Pertence ao seu último libro Acendede as almenaras, outra vez unha mostra de fermosa poesía enraizada no amor e na terra, no pobo. Porque Bernardino é pobo, pobo mariñeiro e labrego, e Bernardino é amor, un Sar de escalos como el mesmo di.

Admiro a Bernardino. Admiro a súa poesía.

Aínda o puiden ver e falar con el o pasado 18, porque Bernardino, que foi o primeiro presidente da AELG, malia estar convalecente, non deixou de asistir ese día a Compostela, porque Bernardino é pobo, amor ao pobo.

Contra os furacáns

Anda bravo o mar. E eu aquí vou.
en leve gamela, contra os furacáns.

Se fose un arao, que mergulla e voa,
collería xoubas para o teu xantar
e percorrería todo o areal
por Aguete e Bueu, Loira e Lapamán,
por Beluso e Cangas, O Hío e Aldán.

Iría ata as illas de Cíes e Ons.
de alí traeríache frescos mexillóns.

Pero eu aquí vou sobre bravo mar
en leve gamela, contra os furacáns.
Comentarios (1) - Categoría: libros - Publicado o 28-05-2008 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Boa xente Bernardino, merécese todo de nós. Que grande poeta sempre na súa gamela contra os furacáns.

Salvando as distancias, as veces tamén me sinto un pouco así, só que as veces o furacán pódeme e a auga chega á regala da gamela, e penso que vai ir a pique.

Se fose un corvo mariño poríame a secar para poder voar de novo e ir buscar esas xoubas e eses mexilóns e percorrer dende a Punta do Cabalo de Fóra ás Serralleiras, pasando polo Freu #blgtk08#da Porta, a illa de San Martiño, os Agoeiros, Cabo Bicos, a Aguieira, a Pedra do Lobiño, os baixos das Estelas, os cantís de Monteferro e do Lourido, a Punta da Lameda, o areal da da Area Loura e da ladeira, a Foz do río, e subir polo Miñor arriba para levarllos para trocar pola quente compota que fumega na súa cusiña.

Pero como ben di o Bernar, agora vou en leve gamela, a penas nunha pequena gameliña (pequena pero inzozobrable) contra o bravo furacán.
Comentario por Hermaco (28-05-2008 23:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática