acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Despois do 17

Rebordamos.

Asolagamos Compostela cos nosos paraugas.

Parabéns a todas e a todos! Sodes magníficos!

Esta semana escribirei sobre o sábado e o domingo. Sobre a alegría do domingo.

O sábado acudín ao acto institucional da Academia que me deixou unha agre sensación. Primeiro porque escoitei "castelanismos" onde nunca pensara escoitalos, segundo porque me quedou cara de parva nas intervencións en que oín criticar a Consellaría de Cultura (sería porque estaba a Conselleira presente?) en relación cun posíbel congreso sobre Alvarez Blázquez (eu preguntábame se a Academia non podía asumir este feito) e logo o do himno. Porque o himno foi interrompido na metade cos aplausos oficialistas e tivemos que teimar en seguir cantando (eu cambiei de octava para que se me oíse e logo non daba chegado aos agudos), e o himno seguiu e os que xa aplaudiran tiveron que seguir cantando...

Agre sensación. Menos mal que o domingo deixoume un grato sabor na boca... O melloriño: estar pasando a cabeceira polo Dervi e ver como o final da mani aínda non saíra da Alameda.

Na Galiza, sempre en galego, todos os días, a todas horas...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2008 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Este ano non puiden andar por alí. É unha alegría ler e escoitar o que conta a xente. Mágoa que máis de 1 siga sen enterarse.
Claro que si: n#blgtk08#a Galiza sempre en galegto, todos os días, a todas as horas... xa que en galego cabe todo, e en galego cabe todo e en galego temos dereito a vivir.
Comentario por Nasa (21-05-2008 15:21)
2 Foi unha grande satisfacción, aínda #blgtk08#que haxa quen non queira recoñecelo.
Comentario por (21-05-2008 22:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática