acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Medusa
Perseo e Medusa, mosaico en Pompeia,recollido en wikipediaOnte estiven en Allariz como relatora dun obradoiro literario, alí falei de Medusa, do mito de Medusa no que eu xa reparara hai tempo, de aí que estea presente o seu rastro no libro de As amantes de Hamlet:

"ou Ofelia, ou Medusa. Sen elección. Condenadas á inocencia, ao silencio. A todos os silencios.
...
Vencedoras de Perseo, nunha illa sen mapas, recolleremos os corpos, virán á nosa praia, todas, todas as que levaron a estrela na fronte e escoitaron as buguinas do mar, as que buscaron o seu cuarto e deixaron un sombreiro sobre as augas"

E a idea de retomar o mito de Medusa veume o outro día mentres remataba de ler Mudanzas de Marilar Aleixandre, por iso entre os textos cos que traballei estivo este fragmento de "No teu ollo Medusa":

Perseo
...
Talvez, de coñecerte antes
cando eras a máis belida entre as belidas
e os pretendentes aspiraban a soterrar o sexo
na túa cabeleira,
teimaría en posuír o teu corpo
...
mirareime no teu ollo Medusa
non foi a túa ollada a que nos tornou en pedra
foi o seu medo
se non cheiro a medo
-dixéronno as cobras-
podo mirar no fondo dos teus ollos
sen temor

Cómpre ler este libro de Marilar Aleixandre. A poeta dialoga cos poemas de Ovidio dous mil anos despois:

?...
intercambiamos espiñas de peixe
velenos, desvaríos
hexámetros por versos rotos
furias por avésporas?

E nese diálogo/intercambio deconstrúe e reconstrúe os mitos que nos foron legados a través das Metamorfoses co propósido de denunciar a violencia exercida contra as mulleres, violadas e maltratadas e despois expostas como símbolo.

Onte falei diso, do maltrato e da violación, mentres seguía na miña cabeza a reflexión de Elfriede Jelinek. Xa o outro día, na tertulia da radio, dixen que o que acaba de acontecer en Austria lembrábame á súa novela Obsesión. Mais, para a nosa desgraza, a realidade sempre acaba superando á fición.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2008 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0