|
|
|
Poetes gallecs d'avui |
|
Acaba de chegarme. É a antoloxía Poetes gallecs d'avuí (antología), editada por Llibres del Segle.
É unha antoloxía de 16 escritores e escritoras realizada por Fátima Rodríguez e Xabier Queipo, con tradución para o catalán de Manuel Costa-Pau.
Nela figuran dous poemas da miña autoría, un é a Balada das costureiras esquecidas e o outro Pregunta estéril, que escribín un 18 de abril de 2005 e que deixo a continuación:
Pregunta estéril
Por que ti precisamente,
cal a causa
a consecuencia
a explicación
a racionalidade
a mecánica vital en que se insire
este feito atroz da morte para sempre.
Por que ti,
en que engranaxe evolutiva do tempo
haberá un argumento que peche este debate,
por que se o corpo existe na dimensión prevista,
cal é a razón de morte
tan pouco presentida.
E para que nos serve
contemplar este oco espello de abandono,
esta ausencia brutal que estoupou sobre o día
e nos deixa unha lista de conversas pendentes,
a imposibilidade de chamar ao teu nome,
porque precisabamos
exactamente esa palabra que dirías.
Nin o materialismo en que nos contruímos
defende deste golpe
á cerna do equilibrio.
Que para que nos serve
comprobar esta falta,
a dor dos que vivían ao pé da túa alma,
os que gustosamente partirían contigo.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
É moi dificil dicir algo logo de ler ese poema.
#blgtk08#>
Atrevinme a escrebir algo pero borreino, mellor nada.... |
|
|
Comentario por Hermaco (07-05-2008 23:18) |
|
|
2 |
Por poemas coma es#blgtk08#te son fan túa ;) |
|
|
Comentario por Avelaíña (07-05-2008 23:59) |
|
|
3 |
Grazas aos dous. O poema é un pouco duro, pois é produto do impa#blgtk08#cto da morte (inexplicábel) dunha persoa moi respectada por min. |
|
|
Comentario por Acuática (08-05-2008 08:58) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|