|
|
|
|
Mulher de Porto Pim |
|
Hai un par de semanas que rematei de ler a Mulher de Porto Pim de Tabucchi. Volvín co libro dos Açores, como lembranza da viaxe á illa de San Miguel. Desde entón tentei iniciar a súa lectura unha e outra vez, até o extremo de facelo atravesar o Atlántico de novo, mais non foi até marzo (ou abril?) que puiden introducilo na miña lista aleatoria de lecturas, esa que non consegue rebaixar a altura das torres que agardan nos andeis.
Gocei infinitamente da súa lectura. Foi como volver ao centro do Atlántico. Gustei particularmente do relato ?Antero de Quental. Uma vida? e andei de novo as rúas de Ponta Delgada acompañando a anguria do escritor, vin de novo o lugar en que o seu corpo caeu ao chan definitivamente, maxistralmente relatado polo italiano.
Os relatos son diversos, cada un ten o seu sabor especial, mesmo o que dá nome ao libro, esa crónica da violencia contra unha muller, sabor agre que ao final deixa a arcada na boca do estómago.
O libro fala das illas e dos seus habitantes, sobre todo dos habitantes do mar, como esa ?baleia que vê os homens?, o enorme cetáceo que desde o seu pequeno ollo observa os seres humanos, especialmente os homes, os seus cazadores, e di:
?Também eles andam em bandos mas não levam fêmeas e adivinha-se que elas estão algures, mas são sempre invisíveis.?
O libro foi publicado por primeira vez en 1983. Se por ventura viaxades aos Açores, facede a primeira parada nunha librería e deixádevos acompañar das palabras de Tabucchi durante o voso percurso. Para min queda a encomenda de repetir a viaxe, agora co libro na man.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
|
|
2 |
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle#blgtk08# deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
|
|
|
Comentario por Manuel Busto (05-05-2008 12:43) |
|
|
3 |
Ekis, recoméndolle a viaxe e o libro para acompañala.
M. Busto#blgtk08# darei publicidade ao encontro, mais non sei colocar nada no recanto do blog. |
|
|
Comentario por Acuática (05-05-2008 15:12) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|