acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

25 de abril
de wikipedia.pt Monumento á Revolução en GrándolaCreo que non existe un día máis poético có 25 de abril. Un día que nin nós, nin as xeneracións futuras debemos esquecer.

E mentres pensaba nesta data quixo o caprichoso azar que dera com meu vello libro de Cavafis, 90 e mais quatro poemas, unha edición de Jorge de Sena, que extraviei na miña desorde doméstica, mais que hoxe apareceu (mentres procuraba outro libro que non atopo... sempre igual), lembrándome que o atopei por vez primeira un 2 de agosto de 1991 en Lisboa. Non importa, esta pequena desorientación serviu para que volvese ler o Itaca e o resto dos poemas do autor.

Comeza así esta fin de semana literaria. Polo sur teatro, no Baixo Miño, nesa mostra que se vai consolidando grazas ao traballo de persoas incansábeis, como as profes do IES da Sangriña.

Polo norte, mañá, a Cea das Letras, actividade organizada pola AELG e ocasión para premiar aos nosos escritores e escritoras (hai unha longa lista de finalistas) e tamén a Nancy Morejón, a actual presidenta da Asociación de Escritores e Escritoras cubanos, como escritora galega universal.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2008 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 uauuu, quen me ía dicir a mín que o meu a#blgtk08#ntigo instituto tería un día páxina web.
Comentario por hormiga (26-04-2008 10:59)
2 O teu antigo instituto? E hai moito diso? Pois ten web e xa ves, non paran.
Así que ti vés sendo do B#blgtk08#aixo Miño? Boa terra, dou fe, e bo alumnado tamén (eles e elas non sei se pensarán o mesmo da súa profe...)
Comentario por Acuática (26-04-2008 11:58)
3 teño que responder ao que aparece entre parénteses? hehe

pois case coincidimos no teatro, pero o coche no#blgtk08#n me quixo levar, iso ou botaba de menos ao mecánico. dixéronme que as obras estiveron mui ben.

saudiños
Comentario por diana (29-04-2008 18:31)
4 Non respostes, non.
Si, seica estiveron moi, moi ben (eu tampo#blgtk08#uco puiden asisitir, non consigo estar en dous sitios oa mesmo tempo).
Comentario por Acuática (29-04-2008 20:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática