|
|
|
|
1987, Na cidade espida |
|
Falaba o outro día de que me puxera algo nostálxica a propósito do título dunha mesa redonda en que participei (Malos tempos para a lírica). Tanto que andei a remexer por aí até que dei con esta foto e o programa de man daquel acto.
É un recital que organizou o programa ?A paixón galega? de Radio Ecca, onde colaboraba Jorge (na foto con corbata), quen tamén nos fixera unha entrevista. Pasaron máis de 20 anos, porque o mencionado recital foi o 23 de abril de 1987, hai agora vinte e un anos. Os que estamos na foto somos, da vosa esquerda á vosa dereita, Tokio, que se encargou da proxección de diapositivas e do cartel e o programa, Fran Alonso, Sergio G. Nogueira, eu mesma, Jorge Rodrigues Gomes e/ou Pereira da Silva, pois non sei se este pseudónimo lle corresponde a el, ou á persoa de bermello que nos acompaña e da que descoñezo o nome e mesmo se recitou naquel acto.
Como digo o recital levou por nome ?Na cidade espida? e como dicía na contraportada do tríptico:
Hoxe as augas do mar de Vigo xa non son motivo de esperanza para ningunha namorada.
A meirande parte dos seus habitantes viven frotando (sobre as augas que hai tanto se lle roubaron ao mar).
Unha cidade labirinto en que perderse e asfixiarse, tal vez, onde soñar.
O erotismo é a máis sublime forma de comunicación.
En fin, velaquí a que entón foi a nosa declaración de principios, e esta parte da miña autopoética de entón, hai máis de vinte anos:
É difícil dende aquí e dende agora
saber qué impacto vai ter o que se está escribindo,
criticarse a si mesmo,
renunciar ao que se di,
racha-lo que se escribe,
rachar coas ideas pasadas,
renovarse,
morrer e resucitar. |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Que juap@s estabades tod@s daquela, e que cara de pilla tiñas cando eras pequena!.
Hoxe as augas do mar de Vigo xa non son motivo de esperanza ..#blgtk08#...
Case é unha sentenza que deberían utilizar os ecoloxistas para remover as conciencias dunha sociedade afundida nos diques de cemento no mar. |
|
|
Comentario por Hermaco (22-04-2008 09:13) |
|
|
2 |
Pois si. Sorprendeume reencontrarme con estas palabras#blgtk08#, se cadra porque hoxe podo subscribir a súa mensaxe. |
|
|
Comentario por Acuática (22-04-2008 16:37) |
|
|
3 |
Unha interesante viaxe pola túa xuventude.#blgtk08# A túa autopoética é unha semente.
|
|
|
Comentario por ekis1331 (23-04-2008 18:35) |
|
|
4 |
Se cadra teimo de máis en lembrar unha pequena anécdota como esta, mais é certo que foi produto dun sentimento de reacción fronte a unha m#blgtk08#ovida cultural coa que non nos identifícábamos. Non dixen que no público estaban, entre outros, Xela Arias, Ramón Nicolás ou Carlos Oroza. |
|
|
Comentario por Acuática (23-04-2008 21:04) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|