acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Moriatov en galego
De publiespectaculo.comNon era a primeira vez que o oía. Xa no congreso sobre Manuel María puiden gozar coas interpretacións deste músico ruso. Falo de Mijail Moriatov, un músico ruso instalado en Galiza que se impregnou da música galega e que interpreta magnificamente as nosas pezas máis populares co seu violín, acompañado o sábado, durante a homenaxe á AS-PG, por un contrabaixo.

Tal é o seu recoñecemnto da nosa música popular que "mesmo me deu vontade de aprender a súa lingua", dixo el. Porque Mijail fala galego e en galego se dirixiu aos asistentes daquel acto, que desde o primeiro minuto fomos un público entregado (el que veu de tan lonxe quixo aprender a lingua de noso...)

Mijail ten un disco: Galicia no meu corazón. E eu teño un recado urxente: compralo. Recoméndovos que o escoitedes... Non podedes imaxinar como soa a Carolina, Os teus ollos ou A farruquiña no seu violín.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Interesante e moi curioso.

Impresionoume o teu poema sobre os Nove, e resultoume #blgtk08#moi suxerente a túa cita literaria sobre Antón Riveiro, os fragmentos que recolles son moi bós.
Comentario por ekis1331 (14-04-2008 19:29)
2 Curiosos si, ver como un ruso é quen de falar a nosa lingua e ao tempo demostrarnos que a nosa música popular pode ser a base dunha música que habitualmente calificamos de culta ou clásica. #blgtk08#Emocionante escoitalo.

Sobre as citas de Os ollos de K, eu pensara que non me quedaran moi atraíntes, porque o que quería era convidar á lectura dun libro que me entusiasmou.
Comentario por Acuática (14-04-2008 21:28)
3 Fantástico este home, tratarei de escoitalo. Hónralles a tod@s aqueles galeg@s, que naceron fóra, qu#blgtk08#e teñan admitido e ampliado a nosa cultura, e son ven del@s. Iso é irmandade e internacionalismo!.
Comentario por Hermaco (16-04-2008 13:38)
4 Escóiteo, porque non podo explicar c#blgtk08#on palabras a emoción que se sente.
Comentario por Acuático (16-04-2008 21:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática