acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

VOLTA DOS 9
Tarxeta editada polo IEM
Mañá é a presentación do libro.

Este é o poema que escribiu a miña man dereita, tentando imaxinar aqul momento tráxico.

VOLTA DOS NOVE

(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.
(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís.
(tres golpes) Orde indesexábel que cala a Bombardeira
e a violencia feroz, covarde e fría racha a noite.
(catro, cinco, seis golpes. Sete golpes. Son ... oito golpes,
nove) As damas das pozas laian horrorizadas, carpen
ao cabo Silleiro, ás crinas do mar ensanguentadas
(ensanguentadas as pedras, ensanguentada a lúa).
Nove (nove golpes), nove poutas de metal que estoupan
na alma, que destrúen memoria, amor, desexo, vida.

A man asasina conduce os seus corpos ao silencio
entre as campas de Baiona, mais o silencio ergue, clama
desde a terra, un por un, os seus nomes de semente
ensanguentada.
Comentarios (1) - Categoría: textos editados - Publicado o 04-04-2008 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Unha xusta homaxe dunha inxusta acción nunca restituída de todo.
Só podemos fi#blgtk08#car na Bombardeira ollando para o mar coa lembranza dos caídos por unha causa xusta.
Comentario por Hermaco (08-04-2008 11:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática