|
|
|
|
Poesía |
|
Hoxe atopeime co libro Poemas canónicos de Konstantinos Kavafis e adopteino porque non sei se o extraviei, o certo é que para a miña memoria houbo un libro de Kavafis traducido ao portugués nas miñas mans, mais o libro non aparece por ningures, malia ter deixado o seu rastro nun poema de Crear o mar en Compostela. Incógnitas.
Así que non o pensei e volvín a casa con Kavafis entre as mans, relendo o poema a "Itaca" (leva sempre a Itaca na túa mente), ou "O prazo de Nerón":
Agora volverá a Roma canso,
marabillosamente canso desta viaxe
que foi un trans curso de días de pracer...
Esta edición de Rinoceronte é a tradución para o galego de Kavafis (por fin!) feita por Yolanda Vilarchao, que xa está entre os finalistas dos premios da AELG no apartado de tradución.
Mais non foi o único libro, tamén traía canda min o nº 31 de Dorna. De novo a poesía, a nosa e a de Kirmen Uribe. Nesta revista de Dorna publícase o poema (1966), outro poema do aínda inédito Cinza:
(1966)
Nacín aquí.
Aquí onde o cemento
desterrou o mar.
Aquí onde afogan as ondas pretéritas,
na xordeira do tempo que negamos.
Aquí vin ao mundo
mentres a vida era río de sangue imparábel,
río a esgotarse lentamente,
río sen dique
e eu unha illa.
Aquí vin ao mundo
con pel de escamas e mans palmípedas,
medusa de argazo fosforescente,
peixe lúa extraviado na superficie da vida.
E aquí
recollín un a un, na patela da alma
os peixes da memoria dun século.
Coa tataravoa pobre por vontade,
namorada do sal do mar, fada farturenta,
eu viña ao mundo.
Co avó que, tan novo, foi barqueiro da illa maldita,
remador e carteiro das palabras negadas,
eu viña ao mundo.
Coa mudez de Pepa
pola vida roubada
pelexo de cazón a desfacerlle as mans
eu viña ao mundo.
Coa bisavoa navegante en noites e tabernas,
a que no lance trae a vida e o amor,
eu viña ao mundo.
Cando o outono era maré alta,
mentres o martelo paría pedra
e o peixe nacía entre as costelas,
eu viña ao mundo.
|
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
Eu que non son determinista só recoñezo o meu destino en Itaca, e dende hai moito desexo que o camiño sexa longo.
Aínda agardo atopar nalgunha enseada perdida es#blgtk08#es e perfumes sensuais de todos os tipos, que di Kavafis.
É unha mágoa que eses poemas seus estén sen publicar. É un honor poder contar con eles nestas páxinas. |
|
|
Comentario por Hermaco (17-03-2008 21:47) |
|
|
2 |
Lin a Kavafis hai moito, e gustoume, debería aproveitar esta traducción de Rinoceronte para relelo desta vez en galego...
...Cando o outono era#blgtk08# maré alta,
mentres o martelo paría pedra
e o peixe nacía entre as costelas,
eu viña ao mundo...
prefiro os teus poemas... |
|
|
Comentario por ekis1331 (18-03-2008 14:41) |
|
|
3 |
descúbresme un novo autor (novo para min, claro).
O teu... sen palabras. s#blgtk08#implemente, gústame. un dos que deixan unha boa sensación no pracer de ler poesía.
|
|
|
Comentario por diana (18-03-2008 18:26) |
|
|
4 |
descúbresme un novo autor (novo para min, claro).
O teu... sen palabras. s#blgtk08#implemente, gústame. un dos que deixan unha boa sensación no pracer de ler poesía.
|
|
|
Comentario por diana (18-03-2008 18:42) |
|
|
5 |
descúbresme un novo autor (novo para min, claro).
O teu... sen palabras. s#blgtk08#implemente, gústame. un dos que deixan unha boa sensación no pracer de ler poesía.
|
|
|
Comentario por diana (18-03-2008 18:42) |
|
|
6 |
lin o teu texto en dorna e gustei moito del. de Kavafis pouco máis hai que dicir...foi quen de que o teña#blgtk08#mos en mente a cada paso. un bico moi grande se andas por roma e outro para o paxariño comiqueiro aldán |
|
|
Comentario por osondaxordeira (21-03-2008 21:54) |
|
|
7 |
Feliz Pascua de Resurrecc#blgtk08#ión,que lo pases en paz. |
|
|
Comentario por Maria Isabel (22-03-2008 17:02) |
|
|
8 |
Hermaco, mire ben, que ás veces non é tan difícil atopar esas esencias, tal vez residen en cousas simples e próximas.
Ekis, grazas polas súas palabras, e si, eu tamén lerei de novo a Kavafis, de feito non puiden deixar de facelo desde que o libro chegou ás miñas mans.
Diana non deixes de ler este libro, gustarache, e alédome de descubrirche un autor, a min práceme que me recomenden autores/as que non coñezo, sobre todo porque te#blgtk08#ño unha certa vertixe de pórme a ler o que non coñezo.
Ti si que sabes, osondaxordeira, por Roma estaba fantasticamente perdida entre ruínas e lembranzas, acumulando sensacións para novos poemas, se cadra, para que vos gusten tamén. Darei o bico que me encargas.
Grazas Isabel, aínda que eu prefiro chamarlles vacacións de primavera, por aquilo do meu ateísmo practicante. Paz tamén para ti, e para todos e todas, moi necesaria é. |
|
|
Comentario por Acuática (22-03-2008 21:32) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|