acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Feira Internacional do libro da Habana
Foto de Marta DacostaEsta imaxe mostra a enorme participación do público na Feira Internacional da Habana. Foi o que máis nos impresionou, moreas e moreas de xente percorrendo as instalacións militares de La Cabaña que deixaron lugar a unha marea de libros que foi seguida por unha marea aínda maior de persoas. En todas partes había xente, nos expositores, nas actividades, polas rúas da feira. Os actos, que se producían varios, se cadra catro ou cinco, ao mesmo tempo, estaban cheos e a xente participaba e preguntaba, curiosos de coñecer a realidade deste lado do Atlántico. Nós tamén fixemos un esforzo por lle explicar cal era a nosa realidade e cal era a nosa literatura.
Todos os días publicábase un xornal de catro páxinas que daba conta do programa do día e do acontecido o día anterior, era El cañonazo, porque alí, no Morro, todos os días ás nove da mañá podía escoitarse un estoupido de canón.
Durante a semana a participación foi moi elevada, mais o sábado e o domingo foi aínda maior, non sabemos se porque era fin de semana, ou porque ía rematar. Para que vos fagades unha idea, a xente ía á feira, como quen vai aquí a unha romaría das máis populosas, mais nós non somos quen de imaxinar unha participación nin da décima parte, ou centésima, nas nosas feiras ou nos nosos actos aquí.
Na mesa en que me tocou participar vivimos uns momentos moi fermosos. Falábamos as relatoras (Rosa Aneiros, Teresa Moure e máis eu, coordinadas por Antía Otero) da literatura escrita por mulleres. Houbo unha enorme conexión, porque ese tema, o da procura do espazo por parte das mulleres escritoras, é un universal. E houbo varias intervencións e o debate medraba, un debate no que participaba, entre outras, a escritora cubana Mirta Yáñez, ou no que tamén estaba presente outra escritora, Nuria Gregory.
En fin, que estamos orgullosas de ter participado, porque si, foi un feito histórico, porque por primeira vez a nosa cultura foi convidada nunha grande feira, na maior de Iberoamérica. E foi nun momento histórico, entre a declaración de Fidel Castro renunciando a continuar na política activa e a elección de Raúl Castro como novo presidente.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Felicítoa, a tod@s os que nos representaron en Cuba e sobre todo aos ilustradores que sei que tamén foron, porque estou seguro do seu bo facer alí en nome da nosa G#blgtk08#aliza. Gostaría poder comprobar a realidade cubana en persoa e sobre todo sentirme rodeado de tantos libros na Feira, que é unha das cousas que máis me entusiasman.
Comentario por Hermaco (02-03-2008 20:14)
2 Abofé que se había sentir ben entre tanta páxina impresa. E sobre os ilustrado#blgtk08#res non teña dúbidas, deixaron o país ben alto, ou ben ilustrado, mellor dito.
Comentario por Acuática (03-03-2008 23:03)
3 Hoxe atopei unha referencia á mesa redonda de literatura escrita por mulleres nun blog cubano, xa enganchei #blgtk08#a referencia, que é esta: http://bubusopia.blogspot.com/2008/02/memorias-2008-la-literatura-escrita-por.html
Comentario por Acuática (11-03-2008 17:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática