acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Bhisham Sahni
Estou rematando de ler Tamas, unha novela de Bhisham Sahni, que relata os disturbios acontecidos en Rawalpindi en 1947, nos que o autor estaba presente e que se orixinaron coa aparción dun porco morto nas escaleiras dunha mezquita.

O autor vai relatando todo o que acontece, os enfrontamentos entr as tres relixións: os musulmáns, os hindús e os sikhs, os esforzos dos homes do partido do Congreso por conciliar as tres relixións para loitar contra o colonialismo inglés e lograr a independencia da India e que son conscientes de que os ingleses poden estar provocando as confrontacións, porque a división do pobo favorece os seus intereses de manter a India dividida e sometida.

O libro é un fresco, hai moitas personaxes, mesmo me custa seguilas porque non dou memorizado os nomes.

Hoxe pola mañá emocioneime. O outro día lera que nunha das aldeas as mulleres sikss, para evitar ser capturadas polos musulmáns suicidáranse tirándose a un pozo, nunha especie de éxtase colectiva. Con elas mataron os seus fillos.

Hoxe pola mañá lía como un funcionario de estatística, que só quería saber do número de mortos, non puido evitar escoitar o realto dun home que lle falaba que tal vez a súa muller non se tirara ao pozo, que ela fora a última do grupo, que estaba moi nerviosa, que volvera atrás para coller o seu fillo, que cría que en calquera momento escoitaría ao seu fillo berrarlle “atópame papá, atópame!” Como facía cando chegaba a casa.

Tamas, o título, é unha palabra que en sánscrito significa “estupidez”. Este mesmo título recibe a película baseada na novela e que é do ano 1987.
Comentarios (4) - Categoría: artigos - Publicado o 14-02-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non pode ser máis elocuente o título, e é que#blgtk08# non hai nada máis perigoso que a ignorancia.
Comentario por ekis1331 (18-02-2008 18:55)
2 Sahni escolleu un dos camiños máis difíciles para traballar pola diginidade. A proxección política dende o marxismo, camiño farto perigoso no labirinto político do sur do continente asiático.
#blgtk08# Canto precisamos saber do resto das culturas do mundo!.
Eguer un pouco a vista do noso embigo é necesario, anque non suficiente.

Grazas por iluminarnos unha vez máis Acuática.
Comentario por Hermaco (19-02-2008 02:18)
3 Ímoste pór na programación do curso vindeiro no IES Lagoa de Antela, para decembro, paréceche? Que libro teu nos recomen#blgtk08#das para ler en 4º da ESO ou 1º de BAC? Pel de ameixa? Xa ves que actuamos con moita antelación. Veña,unha aperta, moza.
Comentario por Carmen (19-02-2008 12:13)
4 Ekis, Hermaco, recoméndovos a lectura do libro, a min impactoume.

Carme, quizais ti vexa mellor que libro lles é máis acaído. Pensa tamén en Setembro ou As amantes de Hamlet, este último ten unhas liñas temáticas moi ev#blgtk08#identes e pode ser máis doado de ler para eles. Mais non sei dicirvos eu que libro meu é mellor. A vosa proposta tamén me parece ben. Creo que en librerías só se van poder atopar Setembro e As amantes...

Saúdos aos tres
Comentario por Acuática (26-02-2008 20:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática