acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Poemas soltos
Flor do trevo, www.gl.wikipedia.esDías atrás chegoume a revista Serta, o número nove exactamente. Trátase dunha revista publicada pola UNED, unha revista de poesía e pensamento poético que dirixe Antonio Domínguez Rey. Reúne artigos sobre poesía e creación de diferentes autores e autoras en galego, portugués, español, catalán, basco, francés, italiano e rumano.

Na parte dedicada á poesía galega recóllense seis poemas da miña autoría que até este momento eran inéditos, ou sexa, que non pertencen a libro ningún. Un deses poemas é esta

AUTOPOÉTICA

Ménteme o trevo
porque me pinta verde,
intensa,
e eu estou tan seca,
tan rota,
tan ferida.

O lirio e o xacinto compiten por nacerlle
á codia endurecida,
unha azalea medra,
a amendoeira soña
que as raíces ataron o seu futuro á terra

mentres o vento varre
a ilusión dunha gota

porque non queda auga,
só luz e frío,
tanto frío
como pode caber
na dor máis prolongada.
Comentarios (3) - Categoría: textos editados - Publicado o 22-01-2008 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ferm#blgtk08#oso.
Comentario por ekis1331 (22-01-2008 10:17)
2 Que pobres somos os que case nin sabemos dicir o que nos pasa pola mente.
Diante de cousas c#blgtk08#oma esta de acuática só podemos ficar calados, cunha palabra na boca, e sorrir. Outro día choverá.
Comentario por Hermaco (22-01-2008 13:04)
3 Grazas aos dous.

Hermaco, sempre hai algunha forma de dicir o que nos pasa pola mente e eu penso que vostede sabe facelo. En to#blgtk08#do caso, esa sería unha razón para escribir, pór palabras ás emocións, darnos recursos para expresarnos, por iso eu gusto tanto de ler poesía.
Comentario por Acuática (22-01-2008 15:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0