acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Palabras contadas
Lin estes días Palabras contadas, de Camilo Franco. Cando comecei lelo, despois de pousar durante uns meses na miña mesiña de noite, lembreime da presentación que Camilo fixo o 25 de xullo no Festigal, dicía el, moi en serio aínda que parecía broma, que o que quería era que mercáramos o libro. Pois eu non o merquei, a min mercáronmo (debe ser case o mesmo) e ademais lino.

Gustoume. Hai relatos (debería dicir microrelatos?) moi logrados: "O cristo de Kafka", "A dor"..., e algúns fermosamente poéticos, coma "Rúa Lepanto", "Fío de agulla" ou "14 de febreiro". Camilo Franco domina a distancia en que se move e préndenos aos seus textos. Porén non me gustaron tanto as personaxes femininas do libro, ou outros estereotipos, porque son preconceptos que moitas rexeitamos... É intencional? Non o sei, mais hanme dicir que leo desde a miña óptica feminista (sempre, non podo evitalo, é de nacemento, creo que lle pasa o mesmo a unha parte importante da poboación, tanto como á outra lle pasa o contrario).

Reitero, o libro gustoume. Moito. Para que vexades, comeza así:

"Historia universal

A especie está afeita á morte pero os individuos non."
Comentarios (4) - Categoría: libros - Publicado o 08-01-2008 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Concordo contigo, as personaxes femininas están cortadas polo mesm#blgtk08#o patrón, puro estereotipo. Dende o IES Lagoa de Antela un saúdo.
Comentario por Carmen (09-01-2008 12:48)
2 Ola Carmen! Ti por #blgtk08#aquí! Unha aperta.
Comentario por Acuática (09-01-2008 14:49)
3 Este ano ou o próximo contratámoste para un recitaliño no centro, queda #blgtk08#dito. Entra na nosa páxina e bótalle un ollo, admítense suxestións. Bks.
Comentario por Carmen (10-01-2008 11:57)
4 De ac#blgtk08#ordo.
Comentario por Acuática (10-01-2008 15:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática