acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

58 anos do pasamento de Castelao

Hoxe fanse 58 anos do pasamento de Castelao e non podo deixar de lembralo aquí, porque é para min unha persoa admirábel, un dos mellores galegos que ten nacido. Un home que viviu para o noso país e ao que lle debemos agradecer a situación de hoxe, porque moito do que hoxe temos non tería sido posíbel sen o seu empeño, a teima súa de que se tramitase o Estatuto, a súa defensa do goberno lexítimo...

Admiro a Castelao e o que representa, a calidade daqueles homes e mulleres. Moitas veces me pregunto que os levou a entregarse de tal xeito e admírome da súa forza, da súa clarividencia, do seu exemplo.

Castelao foi ademais un ARTISTA, en maiúsculas, un creador de beleza, da beleza máis sensíbel e comprometida.

Insisto. A miña admiración.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2008 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hai persoas que nacen creadoras, da igual de que cousa, arte, literatura, país, etc, ou de todas elas. Son daqueles poucos forxados pola historia que valen para todo e fan qu#blgtk08#e o resto non nos sintamos máis alá de mediocres ao seu carón. Afortunadamente na Galiza temos mostra dunhas cantas persoas así. Concordo nos comentarios acuáticos.
Comentario por Hermaco (07-01-2008 22:06)
2 Um abraço para a Galiz#blgtk08#a!!!

:)
Comentario por delta (08-01-2008 00:22)
3 Eu aínda non sei se dei expresado o moito que me admira a s#blgtk08#úa obra (política, literaria, plástica...) e o seu empeño.
Comentario por Acuática (08-01-2008 08:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0