acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Adeus 2007, adeus.
De es.wikipeedia.org(imaxe do deus Janus que lle dá o seu nome ao mes de xaneiro)

Entre os propósitos para o novo ano duns e as contas pendentes deste 2007 doutros, o ano despídese deixándonos páxinas e páxinas a propósito do falecemento de Xosé Cuíña, demostración inequívoca do culto á morte, esa que nos mellora aos ollos da rúa. Tamén morreu Xaime Quesada e polo de agora non ocupou o pintor galego recoñecido a nivel mundial tantas páxinas coma o político do PP defenestrado polos seus compañeiros de partido, será porque a cultura é menos importante, malia o prestixio e a traxectoria do pintor.

Así comeza o artigo que lle adico a este ano e que se publica hoxe en Gznación.com. Nel hai unha referencia a unha polémica sobre a calidade da literatura galega que deu lugar a un artigo de Manuel Rivas que recomendo ler.

E a 2007 despedireino como merece e abrireille as portas a 2008. Bo ano para para todos vós, porque o desexo da utopía debe movernos como engranaxes do mundo que somos, guiarnos porque nada está escrito, só os nosos propósitos, eses en que debemos teimar, aínda que a nosa teimosía non teña fin.
Comentarios (6) - Categoría: artigos - Publicado o 31-12-2007 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Agardolle, e a tod@s, que sempre teña unha utopía grande no horizonte, para non perdela de vista#blgtk08# no camiñar cara a ela, anque moitos dos seus anceios poidan verse realizados no vindeiro 2008.
Comentario por Hermaco (31-12-2007 21:37)
2 Que así#blgtk08# sexa!
Comentario por Acuática (31-12-2007 21:41)
3 Bo ano tamén para t#blgtk08#i.
Apertas.
Comentario por o raposo (03-01-2008 09:53)
4 Moitas #blgtk08#grazas!
Comentario por Acuática (03-01-2008 16:04)
5 Moi bo ano para ti e para tod@s @s que coa vosa pluma fa#blgtk08#cedes que os nosos días non sexan só unha xornada máis.
Comentario por Mabel (04-01-2008 21:48)
6 Bo ano Mabel, e a seguir traballando moito, porque cada un de nós #blgtk08#somos unha pequena engranaxe desa grande máquina que tanto amamos.
Comentario por Acuática (05-01-2008 10:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática