acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O derradeiro libro que leo este ano
O derradeiro libro que leo este ano é Fundaxes de Martín Veiga, premio Fiz Vergara Vilariño. Poesía que nos fala da memoria. Uns versos a xeito de sinopse do libro:

"Semella transcorrer a vida
entre a indiferencia
e o temor
neste tempo de reconstrución
en que agora me sorprendo a min mesmo
neste tempo alleo
á experiencia do recordo
un tempo fragmentario
en constante disolución
como a memoria
como uns ollos a brillar
nas tebras das estancias
un mundo escuro desfeito en cinzas
na quietude e mediatarde
das lagoas outonais."

E estes os versos dos que máis gustei:

"que acaso a poesía
sexa só unha forma de restituír
un tempo que resulta tan distante
un xeito de recuperar a vida
das ruínas do pasado
das brumas espesas
que envolven as olladas"
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 31-12-2007 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática