acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Esteiro de noites falecidas
Este é o título do poemario de Isidro Novo que rematei de ler hoxe mesmo. O libro foi publicado por Espiral Maior e recibiu o IX premio de poesía Concello de Carral.

Desde que lin a Isidro por primeira vez (Súa de si) decidín seguir a súa traxectoria literaria, e aquí estaba este libro.

Deixo para vós, para que degustedes e para que vos provoque o desexo de procurar o libro, os seguintes fragmentos do primeiro e derradeiro poema , tamén como unha mostra deste esteiro de noites falecidas, co seu bafo neboente e escuro, unha derrota negra que nos impregna até os ósos:

"A ninguén ha de importarlle
que outra vez a noite tinga de clareza
sen ningún tesón que a motive
nin que un corazón se rompa
no máis recóndito do silencio
..."

"E todo volvía sen ter ido
porque non existía nada entre antes e despois
nin ninguén percibía se era ou fora
nin ninguén sabía se estaba só ou deshabitado
..."

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2007 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Haberá que ler algo pois...<#blgtk08#br /> Boas festas poetisa!!
Comentario por ekis1331 (26-12-2007 20:19)
2 Despois deste entrante que sabe a pouco haber#blgtk08#á, pois, que leer o poemario.
Apertas.
Comentario por o raposo (27-12-2007 00:51)
3 Menos mal que a Acuática avánzanos unhas reseñas sobre estas literaturas que le, así podemos ir seleccionando algo, porque non somos capaces de poder coa vida e #blgtk08#manter o seu ritmo de lectura!!!!. hahaha. Grazas Acuática por toda esta labor que amablemente nos ofrece, a ver cando nos ofrece un libro seu, ou do seu DAIMON.
Comentario por Hermaco (27-12-2007 07:31)
4 O meu Daimon!, pois non sei eu que sería el, aínda que o meu can se aproxima moito...

Boas festas a todos, e xa vos seguirei deixand#blgtk08#o por aquí pequenas noticias das miñas lecturas... todo por amor da poesía.

Veña que xa queda menos para o 2008! Gozade do tránsito.
Comentario por Acuática (27-12-2007 08:24)
5 Raposo: quixen deixar un comentario no seu blog e non dei, pasa moitas veces con ese grupo de blogger. #blgtk08#En fin, dicía que eu estes días dedícome a gozar das cousas superficiais e a non pedir nada de nada...
Comentario por Acuática (27-12-2007 14:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática