acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A xanela
Hai moitos anos asistín a un recistal en Betanzos convidada por Suso Torres, a través de Rafa Villar. Foi entón cando coñecín á xente da Asociación Cultural Eira Vella, os responsábeis da revista A Xanela, en Betanzos.

A revista resiste o paso dos anos, aí está aínda. O venres recibín o número 24, porque a xente de Eira Vella é constante, enviouma durante todos estes anos, malia eu non me dignar respostarlles con algunha colaboración. Até este verán, que me lembrei e lles mandei un poema, o mesmo que bautiza esta "xanela": Acuática alma.

Un saúdo para a xente de Eira Vella, e para Suso Torres, un saúdo e o meu desexo de que sigan así, tan empeñados en levar adiante o traballo cultural. E tamén, por suposto, o meu agradecemento.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2007 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Que sorte de traxectoria da revista!.
Lembro moitas iniciativas xurdidas nos anos 80 que esmor#blgtk08#receron, claro que a maioría estaban vinculadas á movida postmoderna, que durou o que un telexornal.
Comentario por Hermaco (16-12-2007 20:42)
2 Pois si, e aínda ben, porque non se sab#blgtk08#ía moi ben cara a onde ía todo aquilo.
Comentario por Acuática (16-12-2007 22:55)
3 E aínda máis, a alma mater da revista, meu caro amigo Suso Torres, sempre encheu as páxinas da revista de pala#blgtk08#bra poética. As e os poetas teñen que agradecer a existencia de A Xanela.
Saúde e longa vida literaria,
Comentario por miro (20-12-2007 13:07)
4 Subscribo as súa#blgtk08#s palabras Miro.
Comentario por Acuática (20-12-2007 14:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática