acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Profundidade de campo
Xa dicía o outro día que estaba a ler Profundidade de campo, de Yolanda Castaño, o último premio de poesía Espiral Maior. É un deses libros que unha vez aberto non se pode deixar até o final, un interesante poemario que me deixa unha dúbida, non sabería dicir se estou ante unha defensa ou unha denuncia da beleza, da beleza física e canónica da muller.

Porque sinto que estes versos ...

Se non poden reinar os meu nocellos
como os de paso máis firme,
que daquela reinen, ao menos,
por estreitos.


contradín un dos fíos argumentais do libro:

"Como nacín guapa, teño que purgarme.
...
Contraín un compromiso
co lunar que me delata.
Vinganza de estirpes lúas,
preamar de filibusteiros.
¿Usar unha 36 e facer literatura?

Quixera pedir PERDÓN
cos meus labios máis pequenos."


Daquela procurarei respostas, e nada mellor que acudir á presentación do seu libro en Vigo, o vindeiro xoves, xa que así terei tamén a oportunidade de saudala. Da presentación na Coruña podemos ver unha reseña en O levantador de minas , nela fala da profundidade de campo.
Comentarios (2) - Categoría: A muller que le - Publicado o 11-12-2007 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pois guapa será pero a min a verdade non me emociona por ser fino na expresión , sinceiramente prefirote a ti.
#blgtk08#> A señorita "Yolanda" é un pouco vaidosiña demais e bastante mediocre poetisa senon fose por...

Comentario por Eu (27-12-2007 20:18)
2 Coñezo a Yolanda desde hai moitos anos, desde cando aínda era unha mociña que acababa de publicar o seu primeiro libro e ninguén sabía dela. Debo dicir que merece a pena coñecela persoalmente, e que é unha persoa intelixente que ten a súa propia concepción da vida, a cal pode non coincidir coa que teñamos outros. Sobre a súa obra poética cada un de nós te#blgtk08#remos a nosa opinión, eu creo que merece que nos acheguemos a ela, e que este libro en concreto, consolida a súa madurez literaria, se se me permite unha afirmación así.

Convídote a que leas "Profundidade de campo" e a que procures nas súas palabras, sen quedarnos como ela di nese mesmo libro, mirando os seus labios e sen escoitar o que di.
Comentario por Acuática (27-12-2007 23:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática