acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Outro acto sobre o 25 de novembro
Ofelia por Waterhouse, imaxe de wikipediaEste venres 30, na galería Sargadelos de Vigo, ás 20 horas, terá lugar un acto poético convocado polo BNG baixo o lema: Dá a cara, non viers as costas!

Alí estaremos con Xabier Paz, Mercedes Espinosa, Xerome Calero, Consuelo Comesaña, María Xesus Louzán e Iolanda Veloso, que nos presentará.

Lerei de novo os poemas protagonizados por Ofelia, e tal vez este outro, de As amantes de Hamlet, coa intención de deixar unha nota de optimismo, nun acto que inevitabelmente nos leva á tristura.

Ordenemos o universo
arrombemos constelacións e órbitas
saquemos brillo á Polar
e a todas as que nos guían.

Descolguemos as nubes,
lavar, dobrar, gardar,
as súas extensións inútiles,
incómodas para a viaxe.
Eu son Penélope
e rexeito teas e fíos
non te vou agardar.

Ordenemos o universo
lavemos a cuberta e botemos pola borda
tanto lastre inútil,
e así, sen peso,
co universo ordenado
debuxemos un mapa para a viaxe.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2007 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non ven ao caso pero lémbarme que arranxando a nao, limpando e tirando o que sobra, o barco navega máis lixeiro, é a sensación que me anima a superar este caos que me rode#blgtk08#a debido a que os pintores que me rodean desorganizan todo o que tantos anos tardei en desordear, atacan ao meu síndorme de Dióxenes máis ancestral. Arrombemos o universo.
Comentario por Hermaco (29-11-2007 10:20)
2 Calma!
Arrombemos, si, o#blgtk08# universo á nosa imaxe e desexo.
Comentario por Acuática (29-11-2007 14:48)
3 O teu poema recordoume a un que lle escribín hai uns cantos anos a alguén especial para min, un saúdo.

Dame a túa man, invoquemo-las rosas do tempo,
fagamos noso o seu fuxidío respla#blgtk08#ndor,
sexamos cristal.

Fúndete co meu peito nun reclamo
para o inmortal, esquezamos a nosa patética condición, o noso patético poder e
voltemos ó xérmolo das estrelas.
Comentario por ekis1331 (30-11-2007 17:31)
4 Pois é unha ferm#blgtk08#osa invitación.
Comentario por Acuática (02-12-2007 13:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática