acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Quero un mar
album de Marta Dacosta
Tempo de lembrar este poema escrito hai 20 anos (está en Crear o mar en Compostela), e recitado outra vez unha tarde do inverno de 2002-2003 en Carnota.

Quero un mar habitado do canto das baleas
onde a paz dos corais non sexa profanada.

Quero un mar traspasado cando a noite se achega
por aves non concretas voando cara ás illas.

Quero un mar rodeado de areais sedentos
que en silencio miran de todas as distancias.

Quero un mar libre, ceibo de peiraos progresistas,
de homes posesores que trocan as rutinas,
que acaban co que existe e pensan que poden
descubrilo e repartilo sen medida.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2007 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Só faltou este poema resoando entre as a#blgtk08#muras de proa do Nauja, na mañá de onte.
Comentario por Hermaco (12-11-2007 09:14)
2 Grazas Hermaco. Foi un fermosos día, ma#blgtk08#lia a triste lembranza que nos ocupaba.
Comentario por Acuática (12-11-2007 15:14)
3 Que así#blgtk08# sexa!!
Comentario por o raposo (13-11-2007 00:08)
4 Eu quero un mar cheo de acuaticas e manoelesantonios rebuli#blgtk08#ndo e destellando o sol nas súas escamas ó salto das ondas.
Comentario por ekis1331 (13-11-2007 18:41)
5 Sería curioso cando menos, a min non me importaría confudirme con Anduriña, a #blgtk08#balea da cabeceira, que no seu día iluminou o porto de Marín.

Comentario por acuática (14-11-2007 08:52)
6
Bótalle#blgtk08# un vistazo ;)
Comentario por Avelaíña (19-11-2007 20:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática