acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

IMAXINARIO

A pasada ponte de todos os santos celebrouse o Galusca en Lugo e Mondoñedo, baixo o título de O imaxinario na literatura. Alí escoitei estas fermosas palbras de Xabier Gantzarain: “Só un mesmo lle pode poñer unha imaxe ao seu amor. E coido que é por iso que a xente escribe… Escribo para amosar o que amo, e para que me amen.”

Na imaxe estamos unha parte importante dos participantes empoleirados ao redor da estatua de Cunqueiro.

Todas as veces que estiven no Galeusca resultáronme satisfactorias, polos temas tratados, polos debates posteriores, polos debates nocturnos e por ter a oportunidade de coñecer a outros escritores e escritoras bascos e cataláns, pois esta actividade realízase entre as tres asociacións nacionais, a galega(AELG), a basca (EIE) e a catalá (AELC). Este ano tocounos á galega organizar o congreso.

No gznación publiquei unha breve reseña deses días.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2007 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática