acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A mala xente
De http://vinetasatlantico.blogspot.comPublicaba días atrás un xornal unha entrevista con Ronan Bennet titulándoa cunha frase do propio Bennet: “podes ser un bo escritor e ao tempo un escritor político”. O xornalista resume así as palabras deste guionista de cine que cuestiona a opinión dos que consideran que o compromiso dana a literatura. Para el “o escritor é tamén un cidadán, é parte da sociedade e ten o privilexio da voz pública, así que debe usala”.
Algo así debeu pensar o debuxante Étienne Davodeau cando tomou a decisión de escribir e debuxar Les mavaises gens e Un homme est mort, esta última en colaboración co seu irmán Kris Davodeau. Estas dúas obras teñen un compromiso tan marcado coa sociedade á que fan referencia, que mesmo poderían ser consideradas como documentais (unha delas se aproxima enormemente desta definicición), ao tempo que nos lembran o Carlos Giménez de España una, grande y libre ou Paracuellos.
Davodeau, os irmáns Davodeau, son fillos dunha parella de obreiros que militaron en movementos católicos comprometidos socialmente coa esquerda nos anos 60, no contexto dunha Francia en reconstrución que comeza a coñecer os primeiros índices de paro. Les mavaises gens sitúase no territorio de Les Mauges, facendo un pequeño xogo entre o topónimo e o título da obra en clara alusión ao que alí se tratará: les mau(vaises) ge(n)s, é dicir, unha etimoloxía popular pola que Les Mauges querería dicir: a mala xente, que vén ser, nin máis, nin menos, que os humildes traballadores do rural francés explotados por un capitalismo crecente.
Un homme est mort relata unha folga que se produciu en Brest entre marzo e abril de 1950 e que se saldou coa morte dun traballador durante a represión dunha manifestación. Os folguistas xa contactaran co documentalista René Vautier para que tomara imaxes das mobilizacións e realizase unha película para ser proxectada aos obreiros. Vautier chega despois da morte do obreiro Mazé e consegue realizar un pequeno documental que servirá como ferramenta de conscienciación, tan empregada que non quedará nada dela. Hoxe o único documento que queda daquela película é esta BD dos Davodeau.
Estas dúas obras descúbrennos un debuxante comprometido coa historia do seu pobo e decidido a deixar constancia dela de forma non historiográfica, desde a autobiografía e o retrato daquelas personaxes singulares. E como dicía antes, sen que a banda deseñada perda a súa esencia, a de narrar graficamente e amarrarnos ao relato, aos relatos, que merecen ser lidos e contemplados. Convídovos, eu estou apesarada de non ter estado no seu día na súa charla en Viñetas desde o Atlántico, este pasado mes de agosto.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 31-10-2007 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 pasoche o relevo ( se ainda ninguen che invitou), tes un convite no meu blog, non tes ning#blgtk08#un compromiso (por supuesto) ainda que molaria que o fixeses..

graciñas....
Comentario por oquetencutenmedo (04-11-2007 08:19)
2 Acepto o relevo. Com#blgtk08#ezo a lle dar forma.
Comentario por Acuática (04-11-2007 16:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática