acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

SOBREVIVIR
de http://es.wikipedia.org/wikiEstremecedoras as palabras do mariñeiro do Tiburón III relatando o rescate dun inmigrante nas augas próximas a Cabo Verde. Unha vez máis o desexo dunha vida máis digna convértese en morte de estraperlo.

Hai anos, nunha situación coma esta, escribín este poema. É a única forma en que sei falar disto.


(31 de outubro de 2003)

miramos cara a atrás, que o camiño é memoria,
e a memoria o antídoto
contra a perversidade


e non esqueceremos
que os seus corpos inchados eran carne maldita,
negocio coñecido e ocultado,
usura permitida sen rubores.
Que a esperanza bombeou o sangue do seu corpo
e os mantivo con vida
para ser devorados deste lado,
cadáveres varados para esta indiferencia,
man, ladrillo e obxecto do seu odio.
Hoxe hai unha tregua de luz, tan necesaria
para iluminar o camiño e que a memoria
traia até o presente a súa esperanza,
o amor e a loita que perderon
nunha noite sen luz,
sen corazóns, sen mans para salvalos.
Comentarios (2) - Categoría: Cinsa - Publicado o 25-10-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Fermoso poema: duro#blgtk08#, real e necesario.
Comentario por o raposo (30-10-2007 00:05)
2 Triste, moi triste, pensar que en calque#blgtk08#ra momento pode ter signficado de novo.
Comentario por Acuática (30-10-2007 08:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática