acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Os libros arden mal
de www.compostelacultura.org"... este non é un país que mereza os seus poetas"

Así comeza un dos capítulos de Os libros arden mal, novela que rematei de ler estes días, despois de dedicarlle varios meses, pois o meu ritmo de lectura xa non é o que era, de aí que os libros se vaian amoreando pola casa adiante, á espera de que a súa dona atope tempo de ler.

Gustoume o libro. Gustoume porque recuperei a ese Rivas realista e fantástico a un tempo, a ese poeta narrador do que gustara especialmente en En salvaxe compaña, para min a súa mellor novela até o de agora.

Creo que non lle sobra nada ao libro. E coido que atina na construción das personaxes, para min Chelo Vidal é unha das mellores, a pintora pintada polo narrador, a retratista de mulleres. Algo de pintor ten tamén Manuel Rivas na novela, pois deixa diante de nós un fresco construído a través do tempo e das personaxes, o retrato dun tempo difícil e escuro.

Con esta novela rematei a miña particular xeira pola escuridade humana. Entre marzo e abril lera O home sen nome, de Suso de Toro, e Suite francesa de Irene Nemirovski. Tres grosas instantáneas do século XX.

Todo isto reafírmame aínda máis no valor da literatura, na súa capacidade para conmovernos e movernos cara á verdade, esa que só as palabras son quen de transmitir, cando son sabiamente guiadas polo compromiso humano que as deseña.
Comentarios (5) - Categoría: libros - Publicado o 15-10-2007 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 que curioso, eu fixen unha critica do mesmo libro no meu blog hai uns días, jeje. coincido no ben tratado do personaxe de chelo. outro que me sorprendeu, tamén pintor foi o do trasunto d#blgtk08#e urbano lugris (xa non lembro o nome, son un desastre), cru e realista (ao tempo que fantasioso, nesa aparente contradición na que tan ben se move Manolo Rivas)

un saúdo!
Comentario por ruben (16-10-2007 14:41)
2 Sada, reféreste a Sada. Fantástica a súa alusión ao cadro do cuarto en que se reclúe Héctor Ríos e magnífica esta personaxe tamén, con esa faceta súa de#blgtk08# escribir novelas do oeste en que vai ridiculizando ao xuíz Ricardo Samos.

A verdade é que a novela dá para falar moito, é ben extensa.
Comentario por Acuática (16-10-2007 17:09)
3 jejeje, será por extensa!!

e o ghaiteiro convertido a enterrador. e a lavandeira que ve persoas nos reflexos do río. e persona#blgtk08#xes significatias pero das que só aparecen trazos, como aquel que marchou a Cuba. chega a desenvolvelos todos... e fai un planeta en paralelo!
Comentario por ruben (18-10-2007 11:57)
4 Desexaría ter a vontade suficiente como para abordar semellante libro!. Síntoo, quédome co enrebesado da ecopolítica e a filosofía,#blgtk08# son libros máis densos pero de menos páxinas e asustan menos.
Cos vosos comentarios anímome máis pero non me dou decidido.
Comentario por Hermaco (21-10-2007 12:03)
5 Non digas iso Hermaco, ademais no libro hai moitas referencias á natureza e a algunha lenda relacionada coas baleas#blgtk08#, ben interesantes. O número de páxinas nunca é un impedimento, tardarase máis ou menos tempo en ler, en todo caso.
Comentario por Acuática (21-10-2007 12:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática