acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Galego en Vigo
Onte realizouse en Vigo unha mesa redonda sobre o Decreto 124/2007, ou sexa sobre o Decreto que regula o emprego do noso idioma no ensino. O acto estaba convocado polo BNG e asistíamos Bieito Lobeira (BNG), Fran Rei (A Mesa) e eu mesma (en nome da CIG-Ensino), presentaba a concelleira Iolanda Veloso. Mais os medios de comunicación non publicaron nada (agás dúas notas que no Faro de Vigo que pola súa extensión non chegan informar propiamente)... Deben pensar que isto do galego a ninguén lle importa (e iso que eramos máis de 100 un martes ás 20 horas).

O acto foi coroado pola intervención dun asistente que comezou dicindo que tiña o número 10 do carnet das Mocidades galeguistas, con 90 anos fora a primeira persoa que chegara ao Paraninfo para escoitar as intervencións. Felicitounos e deunos forzas, pediunos que seguísemos neste camiño, que el só estaba a agardar que chamaran por el, e a ver se o levaban a Ourense, porque era ourensán.

Contounos que o seu pai non quería que aprendese galego, mais el non lle fixo caso e falou sempre en galego e aprendeu... quixo aprender esperanto. Tiña 90 anos e fora mestre de primeiro ensino durante 43.

Emocionante.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2007 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 E máis que emocion#blgtk08#ante, marabilloso.
Comentario por náufrago (10-10-2007 15:44)
2 Fantástico o dese home, pero ogallá que fóran 20 ou 30 as persoas que protagonizaran estes emotivo#blgtk08#s momentos. Seguiremos na trincheira do galego anque sexa o último que fagamos na vida. Adiante!.
Comentario por Hermaco (11-10-2007 12:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática