acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

9 de outubro
De http://cheguevara.cubasi.cuMais haberá outros,
claro que haberá outros
dignos de recibirte
comandante,
baixo os claros castiñeiros deste outono,
sen chumbo aínda que estoupa
de inmundicia.
Hai un furor interno,
unha batalla,
un querer berrar e bater forte.
Unha lava brutal que está agardando.
Mais o volcán non é volcán,
só monte frío,
só coroa de seixo e só de terra,
sen árbores, sen toxo, sen carqueixa,
duro e calvo cume
que nos cega.
Mais haberá outros,
claro que haberá outros
dignos de recibirte
comandante.


Este poema pertence ao libro Pel de ameixa, 1996, e toma prestados os primeiros catro versos do poema que Mario Benedetti, "Consternados, rabiosos", escribiu e publicou en homenaxe ao Che Guevara. Tamén Silvio Rodríguez escribiu a canción "Hombre" (de 1987 no disco Silvio 1992) en homenaxe ao Che.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2007 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0