acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Os velos invisíbeis
Da www.es.wilipedia.orgEste é o título do artigo que publica www.gznacion.com.

Penso que os europeos occidentais somos un pouco hipócritas na nosa opinión sobre outras culturas, nomeadamente na nosa opinión sobre os costumes musulmáns.

Cando falamos do pano na cabeza das mulleres musulmás esquecemos que aínda entre as mulleres galegas de máis idade existe este uso, un uso que se nos remontamos no tempo comprobaremos que era, canto máis atrás, máis abundante (de feito esta muller tunecina podería pasar por veciña nosa). Non lembramos que moitas mulleres galegas ían coa cabeza cuberta e, moitas veces, enloitadas durante anos e anos, ou toda a vida. Era e é tamén froito das imposicións relixiosas, as mulleres, tamén os homes, aínda que a sociedade non llelo exixía na mesma medida, sentíanse, aínda se senten, obrigadas a vestir de rigoroso negro e con absoluta decencia para manifestar publicamente o seu estado de dó. Por outro lado, aínda hoxe non se pode entrar nalgunha igrexas cos ombros descubertos, por exemplo. Iso, por non falar do ritual uso da mantilla e outros panos similares, velos exactamente, que algunhas mulleres usan para asistir a distinto tipo de actos relixiosos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Por non mencionar como van as mulleres vestidas nas procesións. A última vez que vin unha en Coruña deume arrepíos ver as mantillas negras e #blgtk08#a parafernalia que había (tradición e ostentación clasista á vez). Igual que eses tipos con capirote que parecen do ku klux klan. Terrible.
Comentario por hormiga (13-10-2007 08:19)
2 Onte oía nunha reportaxe a unha muller de orixe islámica que deixara de usar velo que dicía que, en todo caso, que os velo era un sinal de sumisió#blgtk08#n, mais aínda que as mulleres deixaran de usalo non era garantía ningunha de que acadasen os seus dereitos. Outro elemento máis para reflexionar.
Comentario por (15-10-2007 08:47)
3 O comentario a#blgtk08#nterior é meu
Comentario por Acuática (15-10-2007 08:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática