acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

... en galego
Tokio 1997
(esta viñeta de Tokio publicouse en A Nosa Terra)

O outro día lin unha anécdota ben simpática. E o certo é que o mellor é tratar estes temas con humor. Claro que a min non sempre me sae, se é que ás veces consigo pór un pouco de humor nas reflexións que fago sobre a nosa situación linguística.

Desta volta ocorréuseme que ao noso idioma pásalle coma ás mulleres, que precisa de accións positivas para que acade o lugar que lle corresponde. Cando falamos de igualdade e da necesidade de adoptarmos medidas de acción positiva en prol das mulleres, todos temos moi claro que debe ser así, incluídas as administracións e toda a esfera política. E nestes tempos o correcto, como dicimos agora, o politicamente correcto é traballar pola igualdade e adoptar medidas de acción positiva se é preciso.

Pois se está tan claro no caso da muller, por que hai que explicalo tantas veces ao falarmos do noso idioma?

Pois iso.
Non esquezades asinar o manifesto "Ensino en galego".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2007 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Grazas por ilustrar con Tokio. A orixe dese "mono" foron unhas mulleres que andaban a sachar no campo cuns leotardos e a camisa atada na cintura (hai 10 anos xa!). non eran tan cantosos pero esa unha#blgtk08# escea ben simpática. A conversa é doutro lugar, o orixinal doconto é só o burro.
Síntoo, o artigo de Marica Campo non me gustou, pero non polo tema de fondo.
Tamén asinei o manifesto.
Comentario por Hermaco (08-10-2007 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática