acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Chegou o moi querido outono
Rabaqueta. Foto de Marta Dacosta
(hoxe cae a primeira poalla do outono, o tempo das rabaquetas)

Pois cando ti chegaches tamén chegou a chuvia
por iso levas auga
agachada nos ollos.

(Setembro, 1998)

O tempo corre
a esa velocidade constante
que teimamos en medir
e que nunca, nunca
é imaxe de si mesma
...
Nunca é imaxe de si mesma,
só desequilibrio veloz,
precipicio en movemento,
abismo móbil que se achega
desde o fondo distante,
sen distancia,
do presente.


Así inaugurei a miña libreta Moleskine.

Di a súa publicidade que algunhas páxinas de Hemingway ou Picasso foron escritas en libretas coma esta.

?
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2007 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Os teus versos sempre son interesantes anque os escrebas nunha servilleta. a#blgtk08#gardo que nesa nova plataforma de escritura deites o mellor das túas ideas.
Comentario por Hermaco (01-10-2007 19:37)
2 Gran inauguración, abofé... estes versos teus recórdanme un pouco a Octavio Paz, #blgtk08#maravilloso poeta mexicano, "si algo es el hombre es una metáfora del tiempo"...
Comentario por ekis1331 (03-10-2007 18:29)
3 Grazas polas vosas palabras. Ekis iso de que os meus versos poidan lembrar a Octavio Paz dám#blgtk08#e un pouco de vertixe.

En fin... desexo tanto ter máis tempo para escribir...
Comentario por Acuática (03-10-2007 22:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática