acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

En galego
Arquivo de Marta Dacosta
Estou enriba do escenario do Salón de Actos do IES Santo Tomé do Freixeiro (Vigo), o centro en que estudaba. Representaba a personaxe da Morte de Os vellos non deben de namorarse. Era o 16 de maio de 1984. Daquela non imaxinaba que tantos anos despois subiría ao mesmo escenario, mais desta volta para dar unha conferencia e falar de algo para min esencial, o idioma, conretamente da súa regulación no novo Decreto 124/2007. Así dimos inicio ás XXXI Xornadas do Ensino organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG.

Hoxe mesmo facíanse públicas unhas declaracións do Consello Escolar de Galiza en que se advertía da progresiva desgaleguización da poboación escolar.

Debemos, pois, pór todas as nosas forzas na pervivencia do idioma, en procurar que os nosos fillos manteñan vivas as palabras que lles damos, que se sintan orgullosos desta lingua. Debemos facelo, e neste momento xa temos iniciativas como o Manifesto "Ensino en galego" para facelo.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2007 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non coñecía o teu pasado teatreiro...esas fotos sempre son preciosas cando se (re)atopan. Ogalla tódolos nenos e nenas gal#blgtk08#egas falaran tan ben galego coma o fai o teu Aldán. Un bico moi grande dende godot e grazas polos parabens de aniversario
Comentario por osondaxordeira (19-09-2007 23:37)
2 A verdade é que tamén sentín esa extrana sensación de pasar do público ao estrado no instituto no que estudara, amais cos mesmos profesores #blgtk08#diante, un pouco máis vellos, claro. Semrpe é agradable ver para atrás e recoñecerse nos mesmos espazos.
A vida da moitas voltas....
Comentario por Hermaco (20-09-2007 11:56)
3 Eu non tiña aos meus ex-profes diante, entre outras cousas porque a conferencia ía dirixida aos asistentes das Xornadas, e non tiñan que ser necesariamente profesorado do propio centro.

E si, algún pasado teatreiro teño, pois de feito estiven no primeiro grupo de teatro de galego que se formou na Faculdade de Filoloxía no curso 1987-88 (daquela había un grupo de#blgtk08# teatro por lingua, de francés, de español, de galego...) e foi algo accidentado porque interrumpiron a nosa estrea cunha ameaza de bomba. Daqueles anos gardo a grata amizade con Isabel Vaquero, Pablo Rodríguez e Artur Trillo, todos no mesmo barco e escenario, representando o Don Hamlet, por certo ás ordes de Roberto Salgueiro.

Pois si, as voltas que o mundo dá.
Comentario por Acuática (20-09-2007 14:39)
4 Xenial a foto, Marta.#blgtk08# Non che sabía eu...
Comentario por náufrago (21-09-2007 13:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática