acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Floreceu a glicinia
da páxina http://fichas.infojardin.com/trepadoras/wisteria-sinensis-glicinia-glicina.htm
Hoxe descubrín que floreceu a glicinia. Xa sei que é un detalle menor, mais para min moi, moi importante. Souben, ao ver as primeiras flores, que esta glicinia é unha desas non habituais. Normalmente teñen as flores malvas ou azuladas, mais esta ten as flores brancas, é unha glicinia alba, coma a quen a prantou gústalle ir contracorrente.

Para min é moi importante porque é unha desas pequenas cousas que me fai feliz. Estou convencida de que a felicidade se mide en cousas pequenas, tan pequenas como esta primeira floración da wisteria da miña casa (wisteria sinensis é o nome científico).

Para máis casualidade con esta visión da felicidade, resulta que esta pranta tamén recibe en castelán o nome de "flor da pluma", unha pluma como a da canción:

"A felicidade é como uma pluma
Que o vento vai levando pelo ar ..."
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2007 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Escoitar a canción e ler o comentario achega a un tamén á felicidade compartida da Acu#blgtk08#ática polas cousas pequenas. A canción di tamén que a felicidade é uma coisa loca....
Comentario por Hermaco (17-09-2007 20:46)
2 Moi tola, si, #blgtk08#por iso o é...
Comentario por Acuática (17-09-2007 23:27)
3 Fermosa foto, fermosa pranta, fermosa casa, fermosa reflexión, fermosa canción.

E#blgtk08#sté o meu comentario,
sinxelo coma unha cousa pequena.

Un saúdo.
Comentario por ekis1331 (18-09-2007 01:38)
4 A foto non é da casa, é dunha páxina de xardinaría.

Mais si é fermosa, porque #blgtk08#nos custou moito esforzo e porque cada día o seu xardín representa mellor o que queremos ser.
Comentario por Acuática (18-09-2007 14:41)
5 Pois noraboa... sobre todo polo de sabe-lo que quered#blgtk08#es ser, xa que eu nunca o tiven claro... unha aperta.
Comentario por ekis1331 (18-09-2007 18:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática