acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Con Bernardino
Foto de www.bvg.udc.esProximamente celebrarase unha homenaxe a Bernardino Graña, e quero a través destas palabras sumarme a ela.

Bernardino é unha importante referencia para min, por ese motivo dicidín que fose el o prologuista do meu primeiro libro, o mesmo motivo polo que esa obra comeza coa seguinte cita:

"Silencio. Un invisible
orballo engorde intenta
facer que fructifique
o corazón, a pedra."
Himno verde

Bernardino é o poeta do mar, o autor dunha poesía que nace da mesma natureza, por iso esta admiración. Aí queda este poema dun dos meus libros predilectos: Sen sombra e sen amor.

TI ES UN BARCO DE ENSOÑO
que vai deixando un ronsel
de ensoño nun mar de ensoños.
Eu arroaz no ronsel.

Eu arroaz á procura do peixe do teu lecer,
salseiro vivo, ardentía, brincos de auga a ferver.

Brincos de auga nos teus ollos escintilando en roibén.
Vas de barco cheo de música.
Eu arroaz no ronsel.

Eu de arroaz á procura do brillo interior que tes
na auga profunda, na ría
de ensoño nos ollos teus.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2007 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Cando e onde vai ser a homenaxe? Agradeceríache moito o #blgtk08#dato.

Un saúdo:

Xiao Roel
Comentario por XiaoRoel (08-09-2007 00:43)
2 querida Acuática, acabas (acaba Bern#blgtk08#ardino) de deixarme sen palabras...
Comentario por senrumbo (08-09-2007 00:55)
3 Amais dun amigo, Bernardino é xa unha estrela do firmamento. Que honor poder darlle unha aperta ou saúd#blgtk08#alo tan sequera. Outras estrelas que xa non están levámolas agochadas no corazón, coma o Manoel María.
Comentario por Hermaco (08-09-2007 01:33)
4 Xiao, a homenaxe vai ser en Moaña os días 27, 28 e 29 de setembro, irá aparecendo a información detallada, entre outros lugares, na web da AELG (www.aelg.org).

Senrumbo, pois si sen palabras, ou#blgtk08# con todas as palabras, porque Bernardino ten a capacidade de dicir o que levamos no corazón.

Hermaco, unha honra e un desexo. Como o de gardar na nosa memoria a lembranza do Manuel, tan sabio.
Comentario por Acuática (08-09-2007 13:41)
5 Eu quería saber tamén cando era a homenaxe, pero xa está contestada. Bernardino#blgtk08# é un dos nosos grandísimos e todos os días pregúntome por que non é académico.
Comentario por náufrago (10-09-2007 08:55)
6 Eu hai tempo que procuro non me f#blgtk08#acer preguntas sobre a Academia.
Comentario por Acuática (10-09-2007 15:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática