acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Días de mar
Foto de Marta Dacosta
Hoxe convídovos a ver estas imaxes da CEMMA. Foi unha fermosa forma de rematar o mes de agosto e o verán. A ilusión de devolver a liberdade, de vela pasar diante de ti, de vivila.

Despois de todo o que vedes aínda houbo algo máis... unha magnífica balea alibranca... gravada na retina.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2007 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Poden ser libres os golfiños se non poden sair da auga e voar?. Podemos ser plenamente libres pechados en nós mesmos?. Cantos límites ten a materia!. E #blgtk08#nembargantes que sensación de liberdade da sentarse no codaste da proa ou no pau do bauprés e deixar voar a imaxinación sobre as ondas ata o horizonte.
Comentario por Hermaco (08-09-2007 01:38)
2 Metedura de pata coa proa e o codaste, ou te sentas na proa na roda ou na popa no codaste, en todo #blgtk08#caso da igual, en ambos lados podes ver o horizonte, sgundo se o barco vai ou ben. Grazas senrumbo.
Comentario por Hermaco (08-09-2007 14:16)
3 E que é ser libre? é vivir nun espazo sen límites? ... Difícil resposta cando a liberdade é unha realidade colectiva que só colectivamente pode ser acadada, porque xa sabemos, dio a sabidúría popular, que a nosa liberdade debe ser harmónica coa de todos os demais, e cando digo todos falo de todos os seres vivos.

Para min o importante é #blgtk08#a sensación e a simplicidade, como coa felicidade, pódese ser feliz ás nove da tarde, sentada ao pé da casa, pelexando co can e vendo como unha garza cruza o ceo, algo tan simple e que nos pode encher por completo, por iso cando podemos viaxar sobre as ondas, estea onde estea o codaste, e admirar a beleza que nos rodea, sentímonos libres... e felices.
Comentario por Acuática (08-09-2007 14:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática