acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

O meu monte branco
Foto de Marta Dacosta
Sete horas de calquera tarde de verán,
os homes, formigas en continuo construír,
ruídos, o mundo total que nos rodea.


Desta xanela vexo con triste indiferencia
os pálidos tellados das casas que me enfrontan,
poemas de Cavafy medran baixo os meus ollos,
as "Juras" agachadas cando chegaba a noite.
Quixera tamén eu escribir os poemas
en que un mundo enteiro reflectido se achase.
Precisarei do Bardo en todas estas tardes
para soñar tamén desde o meu Monte Branco,
ao que o Anllóns non chega mais si chega o mar,
o mar bravo e violento das praias de Xaviña.



Foto: enseada do Trece, entre Cabo Veo e o Petón do Boi, na parroquia de Xaviña, en Camariñas, na imaxe pódese ver a duna rampante que converte o monte nunha superficie branca. Para min é un dos lugares máis fermosos do mundo, e con máis misterio... Un lugar que cada vez é menos solitario.

Texto: pertence a Crear o mar en Compostela, publicado en 1993 e hoxe imposíbel de atopar. O poema cita outro de Kavafis, e sitúase nese lugar de Xaviña, para sinalar os meus mapas literarios, contrastando "este monte branco" co Monte Branco de Ponteceso que cantara Pondal.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-08-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 olá,
eu tiven a inmensa sorte de que me agasallaran hai pouco con ese libro, e aínda continuo a desfrutar dos paseos polas praias e eses mares feitos cos ronseis dos arroaces.

Este lugar tamén trae recordos para min, porque o meu primeiro golfiño morto foi en Arou (acabamos afumados aquel día), e despois leváronme ata a dunha rampante, onde#blgtk08# había pegadas da raposa, para máis tarde continuar polo cementerio do Serpent e ata o Vilano. É certo que cada vez é menos solitario, "gracias" á pista e a pasarela de madeira, mais hai días nos que aínda es o único que pasea entre as camariñas e saen cara fóra, enchéndote, eses sentimentos que se agochaban non sabes onde.
Meu outro sitio máxico: Rostro.
Comentario por senrumbo (10-08-2007 22:40)
2 O Rostro tamén é un lugar magnífico, como o Trece agocha algo de misterioso e inexplicábel, como a vella que anda a praia enteira desde hai decena#blgtk08#s de anos, unha sombra que debeu inspirar a personaxe da morte que aparece nos relatos de "Lobos nas illas" de Marilar Aleixandre.

Comentario por Acuática (11-08-2007 11:24)
3 libro no que tamén, por certo, a escritora fai referencia a u#blgtk08#n grupo de chicos que van polas praias buscando golfiños...
Comentario por senrumbo (11-08-2007 23:46)
4 Adiviña de quen se lembrou cand#blgtk08#o escribía iso... Exactamente.
Comentario por Acuática (12-08-2007 10:32)
5 Que delicia os foitos das camariñas de Trece. Non sei como non se#blgtk08# cultivan só para que esa delicatesen forme parte das ensaladas.
Comentario por Hermaco (13-08-2007 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0