acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Leão velho
Foto de WikipediaRematei de ler onte O belo adormecido, un conxunto de seis relatos de Lídia Jorge. Deixoume un moi bo sabor de boca.

O libro foi publicado por Dom Quixote en 2004 e recolle relatos éditos e inéditos, de feito xa lera un deles, o que agora titula "Miss beijo", que en 1999 titulara "A flor do beijo" (relato cruel como a vida mesma) e que se publicou nunha antoloxía de narradoras portuguesas, catalás e españolas: Doze histórias de mulheres.

Gostei especialmente dos dous últimos relatos, "Leão velho" e "Para além das estradas". O primeiro deles fai un retrato de tres homes prototipicamente representantes dunha sociedade patriarcal e imperialista que consideran que teñen na súa man a dignidade doutros, neste caso dun animal que representa, para eles e no relato, o conxunto do reino animal. Mais o relato apréndenos moito da relación entre home e animal (nótese que non digo ser humano ou persoa), é unha lección moral sobre a dignidade e unha crítica á especie que se considera dominadora.

Lídia Jorge dános unha serie de relatos que representan escrupulosamente o xénero e non só. O relato final ("Para além das estradas") sitúanos nunha das liñas temáticas tradicionais no xénero, un tema que entronca directamente coa tradición oral, os contos de lobos, agora para falar de novo da dignidade e da bondade do ser humano.

Non deixedes de ler este libro se tedes oportunidade.

Déixovos este anaco do inicio do último relato:
"O silêncio de vez em quando pousava, aterrador, como se a natureza passasse bem sem nós, como se nos obervasse exactamente para passar sem nós, esperasse que a nossa agitação terminasse, uma espécie de lombo infinitamente paciente e expectante, aguardando pelo nosso sono."
Comentarios (1) - Categoría: libros - Publicado o 01-08-2007 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Efectivamente a natureza agarda, non ten presa. O ser humano será unha triste anécdota na vida do universo, cando non debería ser así.
En todo caso, fermoso relato#blgtk08# no que o león amosa a faciana da dignidade da natureza. É feliz correndo ceibe aínda sabendo que o seu final vai ser o mesmo, cair abatido polas balas da cobiza humana.
Comentario por Hermaco (02-08-2007 20:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática