acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

As bandeiras dos seus pais
copiada de http://www.filmaffinity.com/es/film779616.htmlPara resarcirnos dunha de terror que vimos no cine, sen avisar e a traición (La Voz calificaba a película de fantástica e falaba de que trataba da expansión dun virus en Gran Bretaña, non dicía nada de que era unha nova volta sobre os zombis) vimos Flags of our fathers, que comeza cunha moi boa frase sobre os que non saben o que é a guerra porque nunca estiveron nela (referiríase a Bush?). A pelícual é moi interesante pois fala da utilizacion de tres soldados para xustificar a política bélica do EEUU e para recadar fondos para a participación na guerra. En definitiva, un tema totalmente actual aínda que fale de medidados do XX. Agora teño que ver Cartas desde Iwo Jima...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2007 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 olá. Persoalmente a min gustoume moito máis "Cartas dende Iwo Jima", totalmente recomendable. Se che interesa a liña de filmes antibelicistas, recoméndoche "O gran ditador" de Chaplin e "Sopa de ganso" cos irmáns Marx #blgtk08#-ambas en clave de humor-, "Johnny colleu o seu fusil" de Dalton Trumbo, "Teléfono vermello, voamos..." e "Sendeiros de gloria", ambas de Kubrick, e sobre todo a maravillosa "A delgada liña vermella" do xenial Malick.
Comentario por senrumbo (29-07-2007 20:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática