acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Muíños abandonados
Foto de Marta DacostaA imaxe corresponde a dous muíños abandonados na beira do río que baixa de Murxido, cara a Gonda e Morgadáns (Gondomar). É o río Morgadáns que logo se une ao Zamáns para dar lugar ao río Miñor, o mesmo río que dá nome a este val e que despois de lamber as terras de Gondomar desemboca nunha foz e divide Nigrán de Baiona.

Para min é un deses recantos fermosísimos, un lugar en que as pedras van cedendo ao paso dos anos esquecidas de todos. Por iso lles tirei unhas fotos, por iso e porque me lembraron un poema que escribín hai máis de 15 anos diante doutro muíño abandonado e estragado, daquela no curso do río Sarela ao seu paso por Compostela.



Corre o río por muíños nos camiños encontrados,
e na súa voz gallopan acuáticos cabalos
ou seixos das redondas sombras da ribeiras.
Corre o río purgatorios dos infernos que morreron,
nos cadoiros pequeniños
estragados polos homes.
E polo monte baixa baixo os altos ameneiros,
recorre outras distancias de pontillóns recentes
e pedras esquecidas nas marxes das ribeiras.
Baixa neno o Sarela cantando doce,
sen encontrar os ledos compañeiros de antano,
e outras cancións poboan os seus transparentes beizos
para os mortos que o agardan no seu rápido camiño.

(de Crear o mar en Compotela, 1993)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2007 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 En Couso (Ponteareas) estanse a rehabilitar uns muiños financiados por M#blgtk08#edio Rural
Estas construccións son parte do noso acervo cultural
Comentario por A vida en Ponteareas (17-07-2007 21:03)
2 O problema é que moitas veces os muíños teñen varios propietarios o que dificulta determinadas tarefas. Estes en concreto non sei a quen pertencerán. Nese río hai máis muíños abandonados, en concreto na parroquia de Chaín, no lugar chamado As Torres. Da outra beira a Comunidade de Montes de Peit#blgtk08#ieiros rehabilitou un muíño que está no barrio de Muíños Novos (mira que ben lle acae o nome), e é dunha persoa, mais se considerou que era moito mellor rehabilitalo e que puidese funcionar ocasionalmente (ás veces van os nenos do cole Neira Vilas a velo traballar), ca ver como ía derrubándose.
Comentario por Acuática (17-07-2007 21:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática