acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Discrepo
Hoxe boteille un vistazo á entrevista que no suplemento Culturas de La Voz de Galicia lle facína a Juan Gómez-Jurado, o escritor que coa súa primeira novela, El espía de Dios, e trinta anos xa pode dicir que se vai adicar ao oficio de escribir. Este xornalista que pasou, entre outros medios, pola COPE, di nesa entrevista un par de cousas das que discrepo abertamente.

Unha é que a literatura debe ser comercial. Pois non, non debe selo. Non digo que non teña que haber literatura comercial, ou que quen se adica profesionalmente á escrita non teña que, de vez en cando, escribir literatura comercial, mais penso que esa literatura é absolutamente efímera, un mangado de palabras que non deixa pouso ningún e que mesmo pode non proporcionarnos ningún goce estético, unha das cuestións que xunto coa aprendizaxe e a procura do coñecemento creo que deben estar presentes no achegamento á arte e, en concreto, na lectura dunha obra literaria.

A outra cuestión é que, como bo madrileño, respostou a unha pregunta sobre a literatura galega, con outra pregunta: que é a literatura galega? E fixo un símil cunha empresa de compoñentes informáticos que se ensamblan en Galiza mais que foron fabricados en Asia... Pode entón falarse de literatura galega? Di el. Entendo, logo, que tampouco el se considera un escritor español ou pertencente ao sistema literario español, pois segundo o seu razoamento, neste mundo globalizado nada pode ser xa galego, catalán ou francés... En fin, discrepo radicalmente porque son da opinión de que as persoas pertencemos a un lugar, a unha historia e a un tempo; eu non podería ser eu sen as miñas circunstancias de ter nacido en Galiza, coñercer a historia de meu e vivir dacabalo entre o século XX e o XXI, sabéndome herdeira dunha cultura milenaria que algúns tentan desaparecer, falando unha lingua que se me nega, ou defendendo posicións políticas que non están de moda, porque o que está de moda é como no caso de Gómez-Jurado ser apolítico e gañar moita pasta.

Perdón pola acritude.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2007 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non teño nin idea de quén é ese fulano, pero, sinceramente#blgtk08#, non penso que mereza a máis mínima referencia...
Comentario por ekis1331 (15-07-2007 00:02)
2 Aínda os compoñentes que se ensamblan en calquera parte do mundo traen gravado na súa superficie Made in Ondesexa, coidanse moito diso. Así que gostaría que no meu cadaver gravarades, antes de i#blgtk08#ncinerarme ou de pasar a formar parte dos corpos anónimos da facultade de meiciña, cunha navalla e sobre a fronte: feito na Galiza. E se podedes tamén poñer unha estrela de cinco puntas, mellor.
Comentario por Hermaco (15-07-2007 00:30)
3 Non te considerarás un "compoñente", no#blgtk08#n?... é broma, que non che pareza mal?
Comentario por ekis1331 (15-07-2007 00:39)
4 Se cadra ekis ten razón, non merece comentario ningún, de feito xa non puxen enlaces. Mais ser imp#blgtk08#ulsiva é o que che ten.

Hermaco, tomo nota, a estrela, ademais de gravala, píntoa?
Comentario por Acuática (15-07-2007 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática