acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Outeiro dos Lameiros
Fotos de Tokio
O martes pola noite, alá pasadas as 12, ou sexa, xa no mércores realmente, acudimos a unha saída programada polo Instituto de Estudos Miñoranos para ver os petróglifos de Outeiro dos Lameiros con luz artificial, no medio da noite escura. É unha das mellores formas de velos, pois durante o día dependerá da posición do sol que os poidamos ver ou non.

Foi unha fermosa saída. Conducidos pola potente voz de Xosé Lois Vilar, que anda por esa foto aínda que non se vexa ben, retrocedemos no tempo para escoitar a sonoridade das pedras e ver e interpretar os deseños que os avós nos deixaron. Que nos quererían dicir? A noite é especialmente atractiva para elucubrar sobre as moitas posibilidades. Ademais houbo a engaiolante sorpresa dunha gaita no cumio do outeiro para acompañar o noso espírito transportado.

E no medio do monte, na noite escura, aquela morea de persoas cos seus candís, mais parecíamos Santa Compaña ca excursionistas, e iso debeu pensar un coche da Garda Civil que se achegou a nós, e que cando viu aquelas ringleiras de luces, deu media volta sen dicir boas noites, non fora ser...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2007 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Unha fermosa proposta... e fixéche#blgtk08#sme rir moito co da garda civil...
Comentario por ekis1331 (12-07-2007 18:30)
2 Pois tan real como que eran as 2 e cuarto da mañá e ían por outro camiño e o ver movementos máis abaixo viñeron cara a nós, mais foi chegar e irse máis rápido aínda... T#blgtk08#i que pensarías se a esas horas nun lugar recóndito do monte atopas centos de persoas con cadansúa luz que, aínda por riba, parecen camiñar cara a ti?... saír correndo.
Comentario por Acuatica (12-07-2007 19:17)
3 Non che quepa a menor dúbida, e mira que me teño por un tipo arroutado, pero postos a imaxiná-la situación, vaia, lisco a fume de carozo... Por certo, que no anterior post non cho comentei, pero o seu artigo retrotraeume á infancia, concretamente a unha noite de verán na que o meu avó nos levou ós netos monte arriba (fáloche de Celanova)seguindo o curso do r#blgtk08#egato que guía a traída da auga que rega as fincas; non entendiamos porqué pola noite, cando por fín, chegados a un claro, nos dixo que deitaramos na herba... alí contemplamos atónitos a nosa primeira e fermosa choiva de estrelas.
Era a típica choiva de Perseidas que acontece cada verán, pero aquela ven ser un petróglifo nas paredes da miña memoria.
Comentario por ekis1331 (13-07-2007 00:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática